Este ano os Reis Magos volven a Rianxo con importantes novidades. Segundo confirmou o Concello, se o tempo o permite a comitiva real iniciará o seu percorrido habitual xa pola mañá do 5 de xaneiro, para poder deterse un anaco en cada parroquia a saudar aos nenos e nenas do termo municipal e, tamén, escoitar os seus desexos. Ademais, As Súas Maxestades farán o tramo final do seu percorrido en barco. Dende o Porto de Rianxo dirixiranse ata a Casa Consistorial acompañadas dun espectáculo infantil e musical, segundo confirmou o Concello, que engadiu “que para favorecer unha participación máis inclusiva, este ano non serán tiradas bombas de palenque anunciando o paso da cabalgata”.
Como de costume, retransmitirase todo o percorrido en directo a través da canle de YouTube do Concello de Rianxo.

Por outra banda, a Asociación A Moreniña, en colaboración co Concello, organizará unha nova edición do tradicional Baile de Reis, no Campo de Arriba a partir das 17.00 horas do 5 de xaneiro. Contarase coa presenza de Tania Veiras, Marcos Magán e “moitas outras sorpresas”. Tamén haberá unha sesión DJ co alumnado do curso local de DJ. Ademais, brindarase a posibilidade de agardar polas Súas Maxestades tomando un chocolate con churros. O Baile de Reis tamén inclúe a festa de Nadal do IES Félix Muriel, co degustación de cócteis sen alcol.




