“Prácticas caciquís” – José Manuel Pena

11 Decembro 2024

Nos últimos tempos, a dereita política española está a preocuparse máis en lanzar trolas e mentiras para tratar de despistar sobre os múltiples casos de corrupción que tiveron, con sentenza firme, e que aínda ten xudicializados. Desde que o sr. Feijóo chegou á capital do Estado para ser presidente do goberno, porque quere selo custe o que custe, non realizou nin unha soa proposta para mellorar a vida dos cidadáns senón máis ben todo o contrario, votando en contra de todos os avances sociais do país.

Como cidadán, que observa a realidade política do noso país en xeral e de Galicia en particular, avergóñame comprobar como na nosa terra galega, a dereita política leva gobernando unhas catro décadas, con maiorías absolutas, utilizando presuntas prácticas corruptas e caciquís, beneficiando a moitos dos seus familiares, amigos, simpatizantes e militantes, á conta do erario público.

En Galicia hai demasiadas prácticas caciquís que, por ser habituais no tempo, xa se teñen como algo normais. Concesión de pequenos contratos de servizos sempre ás mesmas persoas ou empresas; vínculos directos con algunhas empresas para que axuden nas campañas electorais a cambio do pago de favores; adxudicación de prazas ou postos de traballo ás persoas das mesmas familias políticas, sen esquecernos do carrexamento de votos cando chegan as eleccións así como un longo etcétera de anomalías das que todo o mundo é coñecedor pero que preferimos seguir mirando para outro lado.

Cando levas anos gobernando e criticas aos demais por corrupción ou presuntas irregularidades, o primeiro que tes que facer é mirar a túa traxectoria e xestión política e observarás que cometes os mesmos pecados que denuncias dos demais. Non falemos xa das millonarias axudas, da Xunta, a certos medios de comunicación afíns e nos que a crítica brilla pola súa ausencia ou ben a utilización partidistas da radio e televisión públicas de Galicia.

Outros artigos

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando el silencio se hace oración” – José Antonio Constenla

“Cuando el silencio se hace oración” – José Antonio Constenla

La primera visita del Papa a España, algo más que un viaje pastoral, ya forma parte de la historia. Nuestro país está viviendo unos días extraordinarios, cargados de emoción, simbolismo y esperanza, que permanecerán durante mucho tiempo en la memoria colectiva de...

“Nosotros no somos el Estado”. Manuel Dominguez III

“Nosotros no somos el Estado”. Manuel Dominguez III

"El estado soy yo" (L'État, c'est moi) es una célebre frase atribuida al rey Luis XIV de Francia (el "Rey Sol"). Él y otros como él si son estado, pero nosotros no somos estado. Nosotros somos los que alimentamos al estado, es decir el menú del estado Trabajamos seis...