O Consello de Contas de Galicia destaca o papel da Deputación da Coruña na loita contra o despoboamento no rural

18 Decembro 2024
O presidente da institución provincial, Valentín González Formoso

A Deputación da Coruña vén de ser recoñecida polo seu compromiso na loita contra o despoboamento do rural no último informe do Consello de Contas de Galicia sobre Medidas adoptadas para abordar o reto demográfico nos concellos de menor poboación. O documento realiza ao longo de 167 páxinas un exhaustiva análise das medidas e programas de reto demográfico impulsados polas administracións en Galicia e recolle algunhas das numerosas medidas impulsadas pola institución provincial coruñesa para mellorar a calidade de vida, fortalecer a economía local e preservar a cohesión social nos concellos rurais. No informe destácase “o importante investimento que realiza a Deputación da Coruña nos concellos de reto demográfico, moi superior ao efectuado polo Fondo de Cooperación Local da Xunta de Galicia”.

O Consello de Contas subliña no informe que “o importe de gasto da Deputación excede de forma unánime ao importe das achegas do Fondo de Cooperación Local (FCL), que supón un 41,8% como media das contías executadas pola Deputación. O mesmo ocorre cos importes descargados da Base de Datos Nacional de Subvencións (BDNS), que son como media o 61,73% dos gastos realizados pola Deputación da Coruña”.

Entre as accións máis destacadas, o informe sinala a mellora de infraestruturas e servizos públicos, que se canalizan fundamentalmente a través do Plan Único, onde destacan as obras de pavimentación e mellora de accesos viarios, fundamentais para reducir o illamento e favorecer a conectividade dos municipios.

Tamén se reflicte “o impacto positivo” de iniciativas de fomento do emprego, como a contratación de técnicos municipais de cultura, deportes, turismo ou servizos sociais, que contribúen á dinamización económica e social do territorio. Estas accións buscan non só crear oportunidades laborais, senón tamén fomentar o asentamento da poboación no rural.

O informe destaca ademais os programas orientados a mellorar o benestar social e comunitario, apoiando servizos sociais que contribúen directamente á calidade de vida da veciñanza: “Case o 60% das axudas se concentraron no financiamento dos servizos sociais comunitarios”.

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.