O arcebispo de Santiago visita o comedor social de Cáritas Arousa

02 Decembro 2024


O perfil maioritario dos que acoden ao comedor é un home de entre 35 e 65 anos. O prelado compartiu xantar cos usuarios.

O arcebispo de Santiago, monseñor Francisco José Prieto Fernández, visitou as instalacións do comedor social de Cáritas Interparroquial de Arousa,
onde departiu cos usuarios que naqueles momentos permanecían nas dependencias e cos que compartiu unha comida. No centro foi
recibido pola directora da entidade, Mar Viqueira Villaverde e o equipo de técnicos e voluntarios que prestan servizos nos distintos departamentos.
O prelado compostelán estivo acompañado por Santiago Fernández González e Pilar Farjas Abadía, delegado episcopal e directora diocesana,
respectivamente. Monseñor Prieto Fernández díxolles aos usuarios que a entidade estaba para axudarlles en todo o que precisen.
O prelado está a realizar distintos percorridos diocesanos por centros, albergues, residencias e comedores, nos que Cáritas desenvolve os seus
programas de atención destinados ás persoas necesitadas. A de onte era unha visita programada con motivo da Campaña de Persoas sen Hogar e
que tivo que ser aprazada no seu día por cuestións de axenda do arcebispo compostelán
Perfil do usuario
O perfil maioritario das persoas que acoden ao comedor social de Cáritas Arousa é un home de entre 35 e 65 anos, de nacionalidade española. No
centro foron atendidas 341persoas das que o 19% eran mulleres.
Durante o encontro mencionáronse algúns datos relacionados coa atención levada a cabo no comedor social: Media diaria de persoas atendiudas
35-40, as fins de semana 55-60, e comidas servidas entre xaneiro a novembro, 13.928.
Ao longo deste ano o centro dinamizouse con múltiples actividades e servizos como foron os cursos de formación e emprego, as xornadas técnicas
e os encontros informativos.
É moi significativa a colaboración do voluntariado vinculado a Cáritas destacando o incremento de mozos en todos os servizos

Outros artigos

Noia legaliza o seu Punto Limpo

O Concello de Noia vén de culminar o proceso de legalización do Punto Limpo municipal, poñendo fin a unha situación administrativa que segundo lembrou o Goberno local, “víase arrastrando desde hai anos”. A legalización constitúe “un paso importante para mellorar a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.