O Apalpador, Papá Noel e o tren do Nadal percorrerán o núcleo urbano da Pobra

09 Decembro 2024

Este ano A Pobra do Caramiñal mergúllase de cheo no Nadal, intensificando as actividades de lecer para o desfrute da veciñanza de tódalas idades. No acto de presentación da axenda, a concelleira da Promoción Económica, Amparo Cerecedo, xunto coa técnica municipal desta área, Sara Sánchez, manifestou que “búscase non só dinamizar a vida económica do noso municipio nunhas datas tan significativas, senón tamén a vida social. Por iso, traemos proposta lúdicas que serán do agrado de todos e todas.”

Haberá ocasión de percorrer o núcleo urbano dentro do tren do Nadal, con saída da praza Alcalde Segundo Durán. Os horarios son os seguintes: no venres 13, de 17.30 a 20.30 horas; no sábado 14, de 11.00 a 13.00 e de 17.30 a 20.30 horas; e no domingo 15, de 11.00 a 13.00 horas.

Tamén se sucederán as visitas de personaxes vinculados a esta época. O Apalpador fará acto de presenza polo centro no venres 20, a partir das 18.00 horas. Estará acompañado de zancudos e dun grupo de gaitas.

E Papá Noel desfilará polas rúas xunto cos Magical Brothers no sábado 21, das 18.00 horas en diante. No remate, desprazarase ata o mercado municipal para recibir as peticións das crianzas.

Ademais, nevará na Pobra. Tres canóns converterán o Cantón da Leña nunha particular Laponia no domingo 22, a partir das 17.30 horas. Aquí desenvolveranse, así mesmo, obradoiros infantís.

Ningunha das actividades require inscrición previa e parte desta programación está co-financiada pola Deputación da Coruña.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.