Medio cento de voluntarios repoboan o monte de Froxán cun milleiro de árbores autóctonas

29 Decembro 2024

Esta acción de voluntariado ambiental, coordinada pola Fundación Montescola, enmárcase nas accións piloto do proxecto CAPRIF-CC para a restauración de hábitats.

Medio cento de voluntarios/as convocados polo proxecto Comunidades Activas e Paisaxes Resilientes a Incendios Forestais e Cambio Climático (CAPRIF-CC) repoboaron esta mañá arredor de cinco hectáreas de superficie no monte de Froxán (Lousame) con preto dun milleiro de
exemplares de especies autóctonas.
Esta actividade de voluntariado ambiental, coordinada pola Fundación Montescola, desenvolveuse nunha zona alta do monte, na que se atopa o nacente do Regueiro do Ramo Curvo e na que previamente foran eliminadas especies pirófitas e invasoras como o eucalipto e a acacia. Esta mañá, as persoas voluntarias repoboaron a zona con especiesc como carballos, castiñeiros, pradairos, bidueiros, teixos, sabugueiros, salgueiros, sobreiras
e érbedos.
O monte de Froxán no que se levou a cabo esta replantación foi recoñecido no ano 2017 polo Programa das Nacións Unidas para o Ambiente como unha das “Áreas Conservadas por Pobos Indíxenas e Comunidades Locais” (ICCA, nas súas siglas en inglés) e forma parte parte das zonas de actuación piloto do proxecto CAPRIF-CC para a restauración de hábitats, creación de cortalumes verdes, recuperación de espazos con valores culturais e
eliminación de especies exóticas invasoras.
O proxecto CAPRIF-CC está impulsado pola Fundación Juana de Vega, a Fundaciónc Centro de Estudos Eurorrexionais Galicia-Norte de Portugal (CEER), a Fundación Centro Tecnológico y Forestal de la Madera (CETEMAS), a Asociación Galega de Custodia doc Territorio (AGCT) e a Fundación Montescola, e conta co apoio da Fundación Biodiversidadc do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO), no marco do Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia (PRTR), financiado pola Uniónc Europea cos fondos NextGenerationEU.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.