Medio cento de persoas asistiron ao concerto de Santa Cecilia da Banda Municipal de Música de Lousame

02 Decembro 2024

Medio cento de persoas asistiron ao concerto de Santa Celicia, patroa dos músicos, ofrecido pola Banda Municipal de Música de Lousame. Unha actuación que tivo lugar na noite do pasado venres 29 de novembro no auditorio da Casa da Cultura e á que asistiron os concelleiros do grupo de Goberno municipal, encabezados polo tenente de alcalde Esteban Ares e a concelleira de Cultura, Silvia Agrafojo.

Os integrantes da Banda Municipal de Música de Lousame interpretaron un programa variado, no que primaron versións de temas de música actual, dende clásicos do jazz e do rock ata versións de grupos como Coldplay ou bandas sonoras como Pokémon ou Como adestrar ao teu dragón. Iso si, sen esquecer exemplos de pasodobres como Pepa, de José Oro Val, ou pezas de música lixeira como Javier, de Felisindo Pérez Seara.

O concerto estivo organizado pola Asociación Cultural Prudencio Romo, que contou coa colaboración do Concello de Lousame.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.