Igualdade da Deputación destinará 150.000 euros en 2025 para as políticas de xénero das entidades sen fins de lucro

16 Decembro 2024

O BOP publicou a semana pasada a convocatoria do programa FOIO0B/2025 da Deputación da Coruña, de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para o investimento en políticas de xénero no ano 2025. A institución provincial repartirá 150.000 euros, cun máximo de 28.000 € por beneficiario.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto desde ás 8 horas de hoxe, 16 de decembro, ata as 14 horas do 16 de xaneiro de 2025, e a tramitación debe realizarse por vía telemática a través da plataforma SUBTEL, accesible dende a sede electrónica da Deputación.

As entidades poderán destinar o investimento a programas de loita contra a violencia de xénero e a programas de promoción da igualdade de oportunidades entre mulleres e homes, “alicerces das políticas do noso traballo en Igualdade da Deputación”, sinalou a titular do departamento, Soledad Agra. “Con esta liña de axudas”, engadiu, “podemos apoiar proxectos a prol do apoderamento e a participación social, do fomento da igualdade de xénero e do emprego en igualdade de oportunidades, e da conciliación e as posibilidades compartidas”.

Para Agra, a liña de axudas tamén lles permitirá ás entidades “traballar na prevención, sensibilización e identificación da violencia de xénero, o mesmo que no tratamento integral das persoas en situación de violencia de xénero”.

As bases da convocatoria poden consultarse e descargarse no BOP do 10 de decembro de 2024.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.