Galicia considera que o acordo de pesca comunitario “se pode reverter e vaise reverter”

11 Decembro 2024

O Goberno galego considera que o acordo de pesca acadado na madrugada deste mércores polos ministros comunitarios “se pode reverter e vaise reverter”.

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, considera que o Goberno central nin fixo o seu traballo, nin negociou correctamente o reparto de cotas do Gran Sol, tal e como se fixo público no día de hoxe. Tal é así que Villares tacha de “envelenada” a proposta defendida pola Comisión Europea ao ser a herdada do anterior equipo do Comisario Sinkevicius. Por este motivo, o conselleiro remarca que o Executivo non logrou cambios significativos coa negociación e que non achegou argumentos para corrixir a distribución dos límites de capturas deste caladoiro.

Deste xeito, o responsable autonómico lamenta que o único que se plasmase fose a proposta inicial e que non se tivesen en conta as cuestións que indica a sentenza do Tribunal de Xustiza Europeo (TXEU) relativas a que no reparto hai que ter en conta os aspectos socioeconómicos de cada zona. E é que o acordo acadado co Reino Unido supón grandes baixadas na pescada que faena nas augas do Atlántico Norte, o que repercutirá nunha perda de ingresos moi importante para a economía galega, cifrada en preto de 54 millóns de euros.

Asemade, especies como o xurelo da zona 9A (augas portuguesas-este), o ollomol ou a cigala tampouco son alleas a estas restricións que incrementarán a perda de competitividade e da economía dos barcos que se dedican á súa captura. Para o máximo mandatario de Mar da Xunta é positivo que se corrixisen incoherencias relativas ao abadexo, ao xurelo do Cantábrico e á anchoa, que viñan sendo demandadas nos últimos tempos por Galicia, coma a separación dos stocks da anchoa da zona 9A e a posibilidade de pesca dirixida no xurelo do Cantábrico. Asemade, Villares considera que existen casos de posible incidencia negativa, coma o ollomol, e que estes efectos se irán vendo a medida que a aplicación dos recortes se faga efectiva.

Por todo elo, dende Galicia, o responsable de Mar adianta que se seguirá traballando e en permanente diálogo co sector para defender os seus intereses.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...