Falece na ría de Arousa un dos tres tripulantes dunha embarcación auxiliar mexilloeira

12 Decembro 2024

Antón Luaces.- A primeira hora deste 12 de decembro faleceu na ría de Arousa un dos tres tripulantes dunha embarcación auxiliar mexilloeira. O finado é José Rey Domínguez, coñecido como Pepe Rey, de 75 anos, mariñeiro “de toda a vida” e pai da patroa da embarcación auxiliar mexilloeira Hermanos Rey. Con eles formaba parte da tripulación do barco accidentado, a parella da patroa. Ambos os dous foron rescatados e postos a salvo por mexilloeiros da zona, e trasladados ao porto de Meloxo (O Grove) ao que o barco, de 13,5 metros de eslora e casco de madeira se dirixía cando, ás 9,30 horas da mañá deste xoves, o Centro de Coordinación de Salvamento Marítimo Fisterra, de Porto do Son, recibiu o sinal de socorro emitido pola embarcación grovense.  Barállase que a  causa máis probable do naufraxio poido ser o corrimento dunha carga de mexillón mal estibada. A embarcación quedou proa ao sol no Con Roibo.

Atra o lugar do accidente desprazouse a embarcación de Salvamento Marítimo Mar de     Sargadelos, que foi a recuperou o corpo de Pepe Rei nunha zona duns 15 metros de fondo.

A Garda Civil e Emerxencias do Grove colaborando no dispositivo nunha imaxe da CRTVG

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.