Este Nadal, volven ás parroquias de Noia as panxoliñas solidarias a beneficio de Cáritas

09 Decembro 2024

Este Nadal, inserido no programa cultural destas festas sinaladas impulsado polo departamento municipal de Cultura, volve a Noia o Ciclo Panxoliñas nas Parroquias, edición 2024. Trátase dunha axenda solidaria (a beneficio de Cáritas) organizada polo Concello e Cáritas (co apoio da Unidade Pastoral de San Martiño de Noia) que dará comezo este sábado 14 de decembro ás 20.00 horas, na igrexa de San Martiño, co Coro Parroquial de Santa Cristina, a Coral Feminina do Barbanza e o Coro Parroquial de San Lourenzo.

O domingo 15 de decembro a actividade trasládase a Boa, a partir das 10.30, cunha actuación do Coro Parroquial de Santa Cristina.

A axenda trasládase o 28 de decembro a Santa María de Roo, a partir das 18.00 horas, co Coro Parroquial de San Lourenzo. Na mesma xornada, a parroquia de Argalo acolle a partir das 19.00 horas un recital do Coro Parroquial de Santa Cristina.

Santa Cristina dará acollida o domingo 29 (ás 11.30h) un concerto de panxoliñas do Coro Parroquial de Santa Cristina e da Coral Feminina Barbanza.

A través destas actuacións solicítase a achega dun alimento non perecedoiro para a Obra Social de Cáritas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.