En marcha un concurso nas redes que convida á rapazada a reivindicar os nosos parques nauturais

05 Decembro 2024

A Xunta lanzou este 5 de decembro a primeira edición do concurso #ParqueVibras para animar ao alumnado de 3º e 4º de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) a facer vídeos orixinais para Instagram, TikTok ou YouTube que se centren e inspiren nalgún dos 6 parques naturais de Galicia: Fragas do Eume; Complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán; Monte Aloia; Baixa Limia-Serra do Xurés; O Invernadeiro; e Enciña da Lastra.

A directora xeral de Patrimonio Natural, Marisol Díaz, acompañada do delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, presentou a iniciativa, que conta cunha páxina web propia para canalizar toda a información dispoñíbel e xestionar as inscricións dos participantes, que se poderán facer tamén a través do centro educativo. Explicou que o prazo para poder participar (de forma individual ou en grupo) xa está aberto e ficará así ata o próximo 3 de marzo. Os vídeos propostos deberán incluír no momento da súa publicación en calquera das tres redes sinaladas os seguintes hashtags obrigatorios: #ParqueVibras, #ConcursoNaturezaGalicia e #DescubreParquesGalicia.

Así mesmo, a directora xeral indicou que aínda que a temática terá que estar relacionada en todo caso coa Rede de Parques Naturais de Galicia, as persoas participantes terán liberdade para xestionar os contidos, que poderán incluír imaxes dalgunha ruta peonil, bailes, gráficos ou memes, entre outros elementos.

Haberá tres categorías: creatividade, viralidade e valor divulgativo. O día 22 de abril daranse a coñecer os 12 finalistas —4 para cada unha delas— e a partir de aí escolleranse os 3 vídeos premiados tendo en conta cal foi a proposta máis orixinal, a que recibiu un maior número de likes e a que contribúe a difundir mellor os valores do noso patrimonio.

O concurso finalizará cunha gala de entrega de galardóns prevista para o 24 de maio, coincidindo coa celebración do Día Europeo dos Parques Naturais, e os tres gañadores recibirán como premio unha excursión guiada para todos os alumnos da súa clase a un destes espazos protexidos.

Ao respecto, Marisol Díaz salientou que o obxectivo da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático con este concurso é dar a coñecer o patrimonio natural galego entre o alumnado galego de Ensino Secundario.

Outros artigos

A Deputación presentará en FITUR a súa nova campaña de turismo

O salón FITUR, referente turístico estatal e internacional, será o escenario de presentación da nova campaña de promoción turística da Deputación da Coruña, nun acto previsto para o mércores 22 ás 14h, e que contará tamén co protagonismo da Vía Verde...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Xustiza, traballo e salario”. Luís Celeiro

“Xustiza, traballo e salario”. Luís Celeiro

Segundo os datos achegados polo Instituto Nacional de Estatística (INE), as persoasocupadas (traballadoras) en 2024 superaron os vinte e un millóns, unha cifra que sepensaba inalcanzable, pero que aí está, para darlle lustre á acción dos responsables de crearemprego....

“In Memoriam. Jesús Pérez Varela”. Alberto Barciela

“In Memoriam. Jesús Pérez Varela”. Alberto Barciela

IN MEMORIAM. JESÚS PÉREZ VARELA (Redondela, 19 de abril de 1949-Santiago de Compostela, 16 de enero de 2025) Por esas raras cosas contingentes de la vida, caprichosas, inexplicables, también por su enfermedad y aislamiento escogido, nos hemos privado durante años de...