“Acoso escolar” – José Manuel Pena

16 Decembro 2024

Sucédese o acoso escolar nalgún centro educativo da comarca do Barbanza. Os centros educativos terían que aplicar os protocolos, informando as familias e sendo a súa prioridade principal a protección das vítimas. Se persistise o acoso debería actuar a inspección educativa da Xunta de Galicia e ter unha maior implicación desde as asociacións de nais e pais de alumnos.

Unha familia tivo que abandonar a comarca porque non atopaba unha solución nin poñía freo ao “acoso escolar” sufrido pola súa filla de 8 anos de idade. A nena sufría golpes e agresións constantes, por parte de catro dos seus compañeiros, sen que desde o centro escolar nin a Xunta de Galicia lles chegase unha alternativa. Por saúde física e mental, tanto da súa filla como da nai, decidiron poñer quilómetros de distancia e marcharse fóra de Galicia.

A desesperación e a angustia dunha nai, polas humillacións sufridas e os malos tratos cara á súa filla, menor de idade, non tería que suceder na actualidade. Os protocolos e as accións en materia de acoso escolar ou bullying terían que funcionar, desde o primeiro momento para non causar danos físicos nin morais aos menores. Non pode ser que os “delincuentes ou acosadores” sigan no colexio e os alumnos “acosados e vítimas” teñan que quedarse na casa, durante un tempo, mentres non se adoptan as medidas correspondentes.

Hai que ter moita empatía cos proxenitores dos fillos que padecen acoso escolar. Os responsables dos centros educativos e desde a inspección educativa da Xunta de Galicia teñen que ser un pouco máis exquisitos no trato cara aos pais porque necesitan unha atención adecuada e sempre respectuosa. Non son inimigos, son colaboradores necesarios para que haxa un ambiente de paz e tranquilidade nos centros educativos, libres de violencia.

Outros artigos

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

+

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

+

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“De la mentira al insulto”. Xosé Perozo

“De la mentira al insulto”. Xosé Perozo

Días atrás Donald Trump prometió premiar a todos los estadounidenses adultos con 5.000 dólares si su partido triunfa en las elecciones legislativas. Una compra de votos a todas luces imposible de cumplir legal, administrativa y económicamente. Un fraude contra la...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.