A Xunta pon en marcha grupos de voluntariado lingüístico para impulsar o galego entre a mocidade

05 Decembro 2024

O secretario xeral da Lingua, Valentín García, e a directora xeral de Xuventude, Lara Meneses, presentaron este venres 5 de decembro o programa de voluntariado lingüístico Queres falar? destinado a “promover o uso do galego entre a mocidade a través de conversas entre galegofalantes habituais e persoas que queiran mellorar a súas habilidades no idioma ou incorporalo de novo á súa fala”, explicaron, engadindo que esta iniciativa forma parte do plan de medidas elaborado ao abeiro do Pacto pola Lingua que o Goberno autonómico está a desenvolver coa implicación dos grupos parlamentarios e distintas institucións para incentivar a presenza social do idioma.

Valentín García reiterou que “a mocidade é un dos grupos de poboación principais nos que baseamos o plan de accións que temos en marcha para fomentar o uso da lingua”, ao que engadiu que “esta é unha boa mostra do traballo transversal entre distintos departamentos, tanto dentro da Consellería como con outras áreas da Xunta, a prol da lingua”.

Lara Meneses tamén fixo fincapé no “importante papel que podemos ter desde Xuventude no marco da campaña Saca a lingua que levas dentro impulsando o achegamento ao idioma desde a acción voluntaria”. Así, apuntou, “estamos especialmente involucrados coa dinamización lingüística por medio de propostas innovadoras e integradoras como son estes grupos de conversa que organizamos nos Espazos Xove”. É nestes centros, repartidos por varios puntos de Galicia (Incluídas as localidades de Noia e Vilagarcía), nos que se desenvolverá o programa, de maneira que os mozos e mozas teñan a posibilidade de practicar o galego durante dúas horas á semana con persoas galegofalantes, ao que se lle sumarán outras actividades complementarias.

Os representantes da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, fixeron este anuncio coincidindo co Día internacional do Voluntariado, polo que quixeron resaltar “a achega que fan á sociedade en moi diferentes ámbitos os programas de voluntariado, como neste caso que supón un soporte importante para nosa lingua e a nosa cultura”.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...