A Xunta nomea o proxecto Bitácora de Amicos como proxecto inspirador

17 Decembro 2024

A Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro da Consellería do Mar da Xunta de Galicia organizou este martes, 17 de decembro, a xornada As Estratexias de Desenvolvemento Local Participativo promotoras da Economía Azul. O proxecto Bitácora (Medidas para a posta en valor do patrimonio pesqueiro e fortalecemento da identidade da ría de Arousa), posto en marcha pola asociación da nosa comarca Amicos co apoio do GALP Ría de Arousa, foi un dos seleccionados como proxecto inspirador de economía azul.

A xornada apoiouse en dúas mesas redondas. Unha primeira baixo o título Os GALP motores da economía azul, na que os e as xerentes dos GALP A Mariña-Ortegal, Golfo Ártabro Norte, Costa da Morte e Costa Sostible expuxeron o traballo que se desenvolve dende estes grupos de acción local no sector pesqueiro.

A continuación celebrouse o grupo de debate Proxectos inspiradores no marco da economía azul nos territorios GALP, no que interviron representantes de catro proxectos innovadores impulsados co apoio dos GALP Golfo Ártabro Sur, da Ría de Arousa, da Ría de Pontevedra e da Ría de Vigo-A Guarda. Neste participaron o director xeral de Amicos, Xoán España, e a participante dos programas de emprego e activista medioambiental de Amicos, Cristina Sanmiguel. Eles foron os encargados de presentar ante os/as asistentes o proxecto Bitácora, os seus obxectivos, desenvolvemento e fitos acadados.

Durante o relatorio fíxose un percorrido por tódalas accións realizadas no marco da iniciativa, que estiveron impulsadas por persoas con discapacidade intelectual especializadas no sector, encargadas de conducir as accións de sensibilización e divulgación referentes ao patrimonio cultural e ambiental vinculado ao sectores marisqueiro e pesqueiro da zona.

No marco do proxecto elaborouse tamén un documental sobre o patrimonio pesqueiro e ambiental da ría de Arousa. Nel recolléronse distintas conversas con profesionais dos sectores pesqueiro e marisqueiro sobre a situación da ría, as dificultades ás que se enfronta e posibles solucións.

O proxecto Bitácora

Bitácora comezou na segunda metade de 2023 co obxectivo de valorizar os sectores ligados ao ecosistema mariño das comarcas do Barbanza e Arousa. A iniciativa incluíu máis de dez xornadas de sensibilización con escolares, limpezas de residuos mariños con alumnado e profesionais do sector, así como sesións de reutilización creativa de refugallos.

Entre as actividades desenvolvidas, destacan as visitas ás lonxas de Aguiño e Cabo de Cruz, así como obradoiros e formacións específicas. Bitácora promoveu a divulgación e sensibilización en centros educativos sobre o patrimonio cultural e ambiental vinculado ao sector pesqueiro, ademais de accións de valorización dos produtos da comarca.

O proxecto foi financiado polo GALP Ría de Arousa, coa colaboración da Consellería do Mar e o Fondo Europeo Marítimo de Pesca e Acuicultura (FEMPA).

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.