A Deputación aproba melloras de estradas provinciais en Rois, Boiro, Curtis e Pontedeume

20 Decembro 2024

O pleno da Deputación da Coruña aprobou por unanimidade na sesión plenaria celebrada hoxe catro proxectos en estradas de titularidade provincial situadas nos termos municipais Rois, Curtis, Boiro e Pontedeume. A suma total dos investimentos para a mellorar das vías é de 3.851.177,74 euros.

Ampliación e mellora en Rois

O proxecto aprobado con máis dotación orzamentaria é o de ampliación e mellora da DP 7402, entre os puntos quilométricos 0+000 e 2+543, de Martelo a Augasantas, no Concello de Rois. Estes traballos contarán cun orzamento de 2.041.188,47 euros e un prazo de execución de 12 meses, xa que as actuacións previstas para o ensanche e acondicionamento da vía inclúen a ampliación da sección da calzada mediante carrís de 3,5 metros e a formación de beiravías e berma de medio metro. Ademais, mellorarase o trazado suavizando as curvas para permitir un tráfico máis fluído.

Así mesmo, está prevista a prolongación ou construción dunha drenaxe transversal, a sinalización e balizamento da estrada para ampliar, a reposición dos servizos afectados e unha mellora da ligazón coas estradas de titularidade autonómica AC-308 e AC301 para facilitar na medida dos posible todos os xiros dos vehículos. Para acadar todos estes obxectivos será precisa a execución de terrapléns e desmontes.

Nova capa de rodaxe en Boiro

Por outra banda, na DP 1105 Noia a Boiro realizarase unha actuación de mellora de capa de rodaxe, con mestura bituminosa en quente, entre os puntos quilométricos 14+031 e 15+603, ambos no termo municipal boirense.

Así, proxéctase o estendido dunha capa de mestura bituminosa en quente e a posterior posta a cota das tapas de rexistro e sumidoiros existentes. Inclúese o fresado mediante medios mecánicos nas interseccións da estrada provincial con outras vías e no tramo final de travesía, debido á altura actual dos bordos das beirarrúas. Tamén se contempla a recolocación do paso de peóns situado á altura do PK 15+107, para o que será necesaria a realización dun pequeno tramo de muro de dique na marxe dereita e dous tramos de beirarrúa en ambas as marxes.

Por último, reporanse as marcas viarias de eixo, bordos, pasos para peóns e inscricións; así como as unidades de sinalización vertical, balizamento e defensa necesarias. O orzamento desta actuación é de 279.728,84 euros e o prazo de execución é de 4 meses.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.