O Concello de Porto do Son compartiu a axenda que todas as familias dos distintos recantos do termo municipal deben ter en conta para desfrutar ao máximo da Cabalgata de Reis deste domingo 5 de xaneiro en terras sonenses. O programa da xira das Súas Maxestades achega horarios aproximados pero segundo adiantaron eles mesmos dende Oriente, farase un esforzo extra por tentar ser “o máis exactos posíbeis”.
Estes serían os detalles da Cabalgata ao seu paso por Porto do Son:
Miñortos / Igrexa: 10:00h – 10:20h
Portosín / Praza do Curro: 10:35h – 11:00h
Nebra / Local Parroquial: 11:30h – 11:50h
Visita ao Centro de Día de Porto do Son
Noal / Fronte á fonte de Cabanela: 12:10h – 12:30h
Baroña / Bar 85: 12:50h – 13:10h
Queiruga / Casa da Cultura: 13:25h – 13:45h
Caamaño / Casa da Cultura: 15:45h – 16:05h
Xuño / Casa da Cultura : 16:20h – 16:40h
San Pedro / Casa da Cultura: 16:55h – 17:15h
Ás 18:15h comezará a Cabalgata de Reis na fachada marítima de Porto do Son acompañados da veciñanza, das ANPAs locais e das asociacións con sede no concello.




