Villares destaca o traballo dinamizador do Grupo de Acción Local (GALP) da ría de Arousa

21 Novembro 2024

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, a directora do Centro Tecnolóxico do Mar-Fundación CETMAR, Rosa Chapela, e o alcalde vilagarcián, Alberto Varela, participaron este mércores 20 de novembro na inauguración da xornadas Unha ferramenta para o territorio, organizadas polo Grupo de Acción Local (GALP) A Ría de Arousa, celebrada na sala de conferencias do Auditorio Municipal.

Durante o transcurso da súa intervención, Villares destacou “o carácter dinamizador destes entes”, definíndoos “como axentes determinantes no impulso da actividade e o patrimonio marítimo-pesqueiro, así como da economía vencellada á cadea mar-industria”. Tamén salientou o contacto directo que manteñen cos traballadores da pesca, do marisqueo e da acuicultura, e puxo en valor “o desenvolvemento deste tipo de encontros para por en común propostas e detectar as necesidades do sector”. Engadiu que “grazas a estes Grupos, estanse a xerar novas oportunidades de negocio e de crecemento económico, contribuíndo de maneira significativa ao benestar das comunidades costeiras”. Por este motivo, no vindeiro exercicio, a Consellería consolidará o investimento que dirixe cada ano ao GALP, e que en 2025 está cifrado en preto de 20,5 millóns de euros

Máis dun cento de proxectos

O GALP A Ría de Arousa ten un total de 47 entidades sociais, das que o 36,2% pertence ao sector pesqueiro e o 38,3% ao social. Está integrado por once Concellos: Boiro, Cambados, Catoira, O Grove, A Illa de Arousa, A Pobra do Caramiñal, Rianxo, Ribadumia, Ribeira, Vilagarcía de Arousa e Vilanova de Arousa.

As xornadas inauguradas por Alfonso Villares enmárcanse na liña de traballo desta entidade que, dende que foi creada en 2016, desenvolveu un total 101 proxectos, para os que recibiron unha axuda pública de 5 millóns de euros e permitiron a creación de 112 empregos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

Hai case oito séculos, as Sete Partidas de Alfonso X pretendían establecer unhas regras comúns para ordenar a sociedade. Hoxe vivimos nunha democracia con leis e mecanismos de control, pero segue vixente unha pregunta fundamental: de que serven as normas se quen debe...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.