Turismo da Deputación despide con nota unha nova edición do Gastronomic Fórum Barcelona

06 Novembro 2024

A área de turismo da Deputación despídese este mércores 6 de novembro do Gastronomic Fórum Barcelona, onde estivo dende o pasado luns facendo a máxima promoción da gastronomía da provincia coa súa campaña turística e gastronómica A provincia que sabe. Remataron deste xeito tres xornadas dunha intensa axenda que incluíu máis de 20 actividades entre degustacións, presentacións, demostracións-obradoiros (showcookings) e charlas para poñer en valor os produtos locais e o sector da restauración da provincia.

“A participación nesta feira enmárcase na nosa estratexia de apoio aos pequenos produtores e produtoras da provincia para promocionar a súa materia prima e favorecerlle a presenza en mercados como este, de moi alto valor para eles” explicou o vicepresidente, Xosé Regueira.

Durante esta última xornada, os fogóns ocupounos o cociñeiro do Arrueiro, de Soesto (Laxe), Víctor Basante, acompañado da copropietaria, Luisa García Casal, que presentaron o proxecto e ofreceron unha demostración con produtos de temporada e quilómetro cero, “da Lonxa de Laxe e tamén da nosa horta”, onde reflectiron a esencia do seu menú, par ao que empregan “peixes menos valorados, como a raia”. Agradeceron á Deputación a “oportunidade” de participar no Gastronómic Fórum Barcelona, e invitaron ao público a “visitar a Costa da Morte durante todo o ano”

Agradecemento ao que se sumaron todos os produtores locais que participaron na cita gastronómica: Costumes Empanadas de Galicia; Queixo Galmesán; Chichalovers; Bonilla a la vista; A Conserveira; Mariscos de Barallobre e Algas Mar de Ardora. Todos eles valoraron moi positivamente a súa participación neste foro, “é unha oportunidade moi grande para nós, e levámonos contactos moi interesantes”, afirmaron.

“Estamos encantados de participar nunha edición máis do Gastronomic Fórum Barcelona, e máis vendo o éxito dos produtores e chefs que nos acompañaron que, ademais de encher de público todas as actividades que desenvolveron no noso stand, fixeron negocio e captaron oportunidades comerciais”, sinalou Regueira.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prácticas caciquís” – José Manuel Pena

“Prácticas caciquís” – José Manuel Pena

Nos últimos tempos, a dereita política española está a preocuparse máis en lanzar trolas e mentiras para tratar de despistar sobre os múltiples casos de corrupción que tiveron, con sentenza firme, e que aínda ten xudicializados. Desde que o sr. Feijóo chegou á capital...

“Votar e rebotar”. Xulio Xiz

“Votar e rebotar”. Xulio Xiz

Na Administración hai informes preceptivos, que compre solicitar para completar determinados procedementos. E estes poden ser vinculantes ou non, segundo haxa que facerlles caso, ou a resolución pode disentir deles. Desde o concello de Lugo chaman a votar sobre o nome...