“Resposta dos xoves ante os asolagamentos do Levante español”. Antón Luaces

10 Novembro 2024

Entre falecidos e desaparecidos pola DANA que afectou -e semella pode repetir nos próximos días- ao leste da península Ibérica, superan as 300 vítimas, unha cifra que, sendo importante, non fai esquecer a dor causada, unha outra vez, en terras secas de cárcavas que arrastran soños poucas veces cumpridos. Barrancos que levan as ilusións de milleiros de homes e mulleres que agora atopan a resposta axeitada daqueles que viven como propia a desgraza desencadeada.

 Unha resposta en boa medida protagonizada por xente nova afeita ás nosas críticas de “maiores” cando, coma “vellos”, aplicamos unha experiencia non sempre axustada á realidade, tal e como na actualidade se evidencia, cos mozos “armados” de pás, rastrillos e calquera cousa que sirva para limpar/arranxar o que a arroiada trouxo da terra de riba. Un  exemplo, a demostración de que esta xuventude española sabe alternar o uso da tablet e o móbil coa solidariedade que xa aplicara en Galicia cando foi do Prestige. Esta é a xuventude real, a que pon riba da mesa o seu compromiso social, a súa entrega total e absoluta, como xa fixera cando a pandemia.

Doe o acontecido, pero a resposta prácticamente maioritaria da cidadanía non pode, nen debe, deixarnos sen recoller ese testemuño emocionante que xa foi quen de crear a que se coñece como a ponte da Solidariedade pola que transitan milleiros e milleiros de persoas a pé ou en vehículos de todo tipo para levar a súa axuda a aqueles que a precisan. 

Entre estas milleiros de persoas unidas no desexo de axudar, figuran moitos galegos: mariñeiros, camioneiros, labregos, amas de casa, profesionais de distintos oficios ou carreiras que entregan -con destino a ese dorido Levante- viandas, roupas, auga e ata xoguetes e libros e libretas para os cativos, sen botar contas da distancia, dos quilómetros a percorrer dende a comunidade galega á valenciana, nun camiño de ida e volta que corresponde a aquel que realizaron outros cando o Prestige emporcou a costa de Galicia e mentres un presidente autonómico cazaba e un ministro de Transportes pescaba salmóns en Asturias. Foi a de Galicia a inmensa mostra da xenerosidade da xente nova, aquela que puxo en risco a súa vida porque ninguén sabía daquelas a que perigo se enfrontaba na empeñada loita contra o chapapote e a carencia de medios para loitaren contra os imprevisibles “hilillos de plastilina” que xurdían no fondo atlántico das feridas abertas no casco daquel monstro de aceiro absolutamente desprestixiado.

Viñeran xoves procedentes de toda España e Europa. E agora, en Galicia quedamos os que fomos testemuñas da carencia de iniciativas, de medios, de ideas, de responsabilidade; de ideas peregrinas ao servizo de persoas irrelevantes na percura dun seu posto ao sol e unha primeira plana nun xornal, un telediario, un informativo na radio. Algo que nunca solicitaron os que aquí viñeron para axudar a Galicia a levantar o voo cara a metas maiores e non a “velas vir”, coma aqueles que, aquí, pedían un novo Prestige para recadar maiores axudas económicas.

Nunca cansaréi de dar as grazas a aqueles que foron exemplo na costa galega. Máis tampouco deixarei no esquecemento o exemplo solidario de cantos, con uniforme ou sen este, souberon e saben dar ese paso adiante para dicir forte e claro “Aquí estamos”. 

Con óvos ou ovarios; pero cun par deles. 

Grazas!!.

Outros artigos

“Notre Dame”. José Castro López

Francia vive días de depresión política. Un extraño “consenso” entre las extremasizquierda y derecha tumbó al Gobierno y todo indica que el presidente no tiene fácil laresolución de esta crisis, muy preocupante para Europa porque coincide con el vacío depoder en...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Desaloxos de familias vulnerables” – José Manuel Pena

“Desaloxos de familias vulnerables” – José Manuel Pena

Os desafiuzamentos da vivenda habitual, por orde xudicial, continúanse producindo cada día. A pesar dos avances lexislativos, da propia Lei de Vivenda e demais Reais Decretos Leis para protexer e garantir a vivenda ás persoas e familias vulnerables, moito máis con...