O Orzamento 2025 da Deputación supera os 240 millóns e contempla un investimento récord nos concellos

04 Novembro 2024

O orzamento da Deputación da Coruña para 2025 ascenderá a 240.500.200 € e será, en palabras do presidente provincial (Valentín González Formoso) o maior o da historia da institución provincial, cun incremento do 8,26% con respecto ao presente exercicio. O orzamento suporá tamén un investimento récord nos municipios, xa que un total de 105.399.793 euros (o 44% do total) serán transferencias directas aos concellos a través do Plan Único, que o vindeiro ano incrementa o seu orzamento nun 72%, pasando de 50 a 86 millóns de euros de dotación inicial. Así o adiantou este luns 4 de novembro o presidente da Deputación, Valentín González Formoso, quen tamén fixo saber que o CEI (Coruña Estudio Inmersivo) arrincará a súa actividade este 2025. Trátase, sinalou, do maior estudio audiovisual virtual de España, “dotado cunha tecnoloxía pioneira a nivel mundial”.

Na súa comparecencia ante a Comisión de Economía, Facenda e Orzamentos do Parlamento de Galicia, o presidente presentou as principais liñas dos orzamentos da institución coruñesa 2025. O Plan Único (POS+2025), dixo o responsábel provincial, será o principal protagonista do orzamento, con 86 millóns de euros de orzamento inicial destinados integramente aos concellos, un 72% máis que en 2024. “Os concellos coruñeses reciben hoxe entre 4 e 5 veces máis fondos que nos mandatos anteriores. Co Plan Único levamos máis de 576 millóns investidos e 4.113 obras aprobadas nos 93 municipios coruñeses. Isto converte á Deputación da Coruña no principal axente inversor no rural da provincia da Coruña”, destacou o presidente da Deputación.

A Deputación reforza a súa aposta social en 2025

O Orzamento de 2025 o gasto social alcanzará os 32.860.688 euros, preto do 14% total. No seu conxunto, os programas sociais experimentan o vindeiro ano un crecemento do 6,72%. Unha parte importante deste incremento orzamentario irá destinado á suba da achega para o Servizo de Axuda no Fogar (SAF) que a Deputación elevou de 12 a 14 euros a hora, atendendo así unha das demandas das traballadoras do servizo e dos concellos, que teñen que asumir boa parte dos custes deste servizo con fondos propios, o que lles supón unha importante carga económica, xa que o custe actual está entre os 22 e os 24 euros/hora.

O programa de servizos sociais da Deputación para os municipios, dotado con 9,1 millóns de euros, permitirá o financiamento de preto de 400.000 horas de servizo de axuda no fogar e a contratación de 178 profesionais especialistas do eido social nos concellos coruñeses.

Como novidades para este ano na área social destacan o inicio do proxecto para a implantación dun novo modelo de residencias públicas para maiores no rural, baseadas na proximidade, a atención personalizada, a innovación e a convivencia interxeracional, que contará con centros piloto nas Pontes, Ordes e Rianxo e un novo programa de envellecemento e loita contra a soidade non desexada dos maiores destinada a concellos de menos de 5.000 habitantes.

PEL, o maior plan de emprego dunha administración local en Galicia

No eido do emprego, o Plan de Emprego Local (PEL) incrementa de novo a súa partida nun 1,78%, pasando dos 15.9 a 16,2 millóns de euros de orzamento en 2025. Formoso lembrou que, entre 2016 e 2024, a Deputación da Coruña destinou máis de 140 millóns de euros á creación de empresas e fomento da actividade laboral, apoiado a 2.980 empresas e 4.159 autónomos e creando 7.196 empregos no sector público e privado a través das principais liñas do PEL.

“O PEL non só impulsa a creación de emprego, senón que ademais aposta firmemente polo emprendemento, a innovación e o apoio ás pequenas e medianas empresas”, afirmou Formoso, que lembrou que a Deputación da Coruña destina preto de 5 millóns de euros en dúas liñas de apoio a autónomos, que este ano rexistraron máis de 6.000 solicitudes.

CEI, unha aposta estratéxica polo sector audiovisual

Valentín González Formoso anunciou tamén que o vindeiro 2025 comezará a funcionar Coruña Estudio Inmersivo (CEI), o maior estudo audiovisual virtual de España, dotado cunha tecnoloxía pioneira a nivel mundial. Trátase, explicou o presidente, “dunha infraestrutura que a Deputación da Coruña está construíndo actualmente na cidade das TIC da Coruña cun investimento de 9,5 millóns de euros co-financiado con fondos Next Generation EU do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno de España e co que “pretendemos posicionar á provincia da Coruña como Hub Audiovisual de referencia Europa”, apuntou Formoso, que incidiu na puxanza do sector audiovisual galego, que xera 4.500 empregos e supón xa o 28% da industria cultural da nosa comunidade, ademais de supor unha importante proxección exterior de Galicia

Ademais dos programas de apoio aos concellos, o fomento dos sectores produtivos e o emprego suman 30.245.500€ no Orzamento 2025, as infraestruturas viarias, 24.532.955€, educación e o deporte 20.927.290€, cultura e lingua 13.042.900€, e medio ambiente e emerxencias o 7.877.062,78€.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...