O Concello de Boiro desenvolve nos centros de ensino unha actividade de detección temperá da dislexia e TDA

08 Novembro 2024

O Concello de Boiro desenvolve unha actividade de detección temperá da dislexia e o trastorno por déficit de atención/hiperactividade (TDA/H) no contexto escolar. O alcalde, José Ramón Romero, e a concelleira de Educación, Carmen Silva, participaron este venres 8 de novembro na presentación do programa coa súa coordinadora, Rosa Rivas, e o seu equipo. Este programa forma parte do Proxecto EnClave 2024/2025 que desenvolve o Concello de Boiro en todos os centros de ensino do municipio e vaino desenvolver o grupo de investigación da Facultade de Psicoloxía da USC Aspectos Evolutivos e Intervención Piscoeducativa AEIPSE que traballa na avaliación e intervención de trastornos do neurodesenvolvemento.

A iniciativa vaise levar a cabo nos cursos de 1º, 2º e 3º de Primaria co obxectivo de realizar un cribado para a detección temperá da dislexia ou TDA/H.

“Dende o Concello estamos moi contentos de poder desenvolver este programa por primeira vez no Proxecto EnClave e facelo de man da Universidade de Santiago de Compostela, unha iniciativa que nos vai permitir ter un diagnóstico precoz e traballalo nas aulas”, recoñeceu a concelleira Carmen Silva.

O programa vai constar de dúas fases, unha primeira de cribado e, dos resultados deste primeiro cribado, unhas probas máis específicas para a detección e posíbel diagnóstico.

“Este programa busca detectar os casos susceptíbeis de dislexia ou TDA/H co obxectivo de identificar as necesidades dos nenos e nenas para que poidan ser tratadas polos profesores e as familias”, afirmou Rosa Rivas.

O equipo está constituído polos profesores doutores Santiago López Gómez, Patricia Iglesias Souto, Eva Taboada Ares, e a coordinadora, Rosa Rivas e os investigadores Tomás Mañas León, Anderson de Jesús e Lourdes Vellón Nogueira. Na presentación do programa participaron tamén os directores e directoras dos centros de ensino do municipio.

O alcalde, José Ramón Romero, agradeceu a implicación de todos os axentes implicados neste proxecto: “Esta acción que se vai levar a cabo coa colaboración do Concello de Boiro, a Facultade de Psicoloxía e os centros educativos vai redundar na mellora do rendemento académico dos nosos nenos e nenas ao ofrecer un diagnóstico e unhas ferramentas de traballo coa nosa rapazada dende idades moi temperás”.

O Concello de Boiro destina 60.000 euros anuais para implementar o Proxecto EnClave, un programa innovador que busca atallar as principais problemáticas que se detectan nos centros de ensino e ten como finalidade a redución significativa dos casos de acoso escolar, unha maior conciencia e sensibilización sobre a importancia da saúde mental e conseguir un alumnado máis apoderado emocionalmente, capaz de xestionar as súas emocións e resolver conflitos de maneira pacífica.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

Son eu, señor capitán deste navío mercante! Eu son unha muller de mundo, ando polo mundo senrumbo e sen sosego. Estou embarcada neste buque e quero saber para onde imos, cantos e cantassomos, como viviremos o que nos queda de mar e quen seremos ao regresar á terra, se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.