Este venres 29 de novembro a sala de exposicións do Centro Cultural Lustres Rivas acolleu o acto de recepción ao gañador do Concurso de Deseño do
Cartel de Nadal 2024/2025 do Concello de Ribeira que foi para José Martínez Parada de 8 anos, alumno do Colexio Sagrado Corazón de
Castiñeiras. Á cita acudiron familiares e compañeiros de José Martínez, a concelleira de Educación, Cruz Rivadulla, e o técnico de Promoción Cultural do Concello de Ribeira, Unai Gozález que sinalou “é un concurso que xa levamos facendo hai uns anos, porque, que mellor maneira de ilustrar toda a programación que vai a ver no Nadal sexa con algún neno ou nena de Ribeira”.
A continuación Rivadulla entregou a José Martínez un diploma e dous bonos por un valor de 150 euros para gastar no comercio local de Ribeira. A conselleira agradeceu aos 500 alumnos e alumnas do Concello que participaron en este concurso e en especial neste día a José Martínez.