“Cen anos de radio que cambiaron o mundo para os galegos” – Antón Luaces

13 Novembro 2024

A radio é, dende vai cen anos, o trebello que máis influíu no ser ou non ser dos españois. A primeira emisora de radio en España comezou o seu funcionamento en fase experimental no ano 1906; máis as primeiras emisións radiais en Galicia producíronse o 15 de xaneiro de 1933 para exercer no éter a condición de galeguidade e do Estatuto de Galicia por medio da formulación nidiamente nacionalista dos defensores do que, anos dempois, sería unha realidade non aceptada totalmente polo nacionalismo que hoxe acubilla o BNG: a comunidade autónoma de Galicia. 

Nacía daquela a concreción dun soño comunicacional feito realidade que se chamou EAJ-4 Unión Radio Santiago de Compostela, a través da que, xa dende o anos 40 do século pasado, a comarca do Barbanza sabía o que o célebre “parte” de RNE contaba nunha realidade reconvertida ou manipulada a comenencia do franquismo. Non había liberdade de información e, polo tanto, non existía a liberdade de prensa. A Radio non escapou, nin  moito menos, á censura previa que exercía directa ou indirectamente, o Ministerio de Información e Turismo que, xa nos anos 60, tivo como grande protagonista ao galego Manuel Fraga Iribarne, promotor da que se quixo presentar coma unha Lei de Prensa (a Lei Fraga) que nunca foi tal, fundador de Alianza Popular á morte de Franco e presidente da Xunta de Galicia.

Eran tempos de “Matilde, Perico y Periquín” polas mañás; de “Diego Valor” e “Dos hombres buenos” xa pola mediodía, o “Batallón de modistillas” e os discos adicados pola tarde, que era cando os seriais prendían o corazón feminino. E pola noite, “Ustedes son  formidables”. 

Trunfaba a SER e as casas dos galegos comezaban a se poboar de receptores de radio, moitos deles adquiridos a prazos, como posteriormente ocorrerìa coa televisión. Unha radio que, sen que este fora o obxectivo do franquismo (todo o contrario) permitía malia os intentos de bloqueo das estacións radio de Parìs e Londres, e sobre todo a coñecida como Radio Pirenaica (con diarias intervencións de Dolores Ibárruri “A Pasionaria”) e nomeadamente, Radio Moscù que, ao igual que Londres e París emitía programas en castelán, que aquí, coma no resto de España, se soubera o que acontecía dentro e fóra do país. Talvez era a única maneira de ter unha mínima noción do que pasaba na contorna, canto máis no resto de España.

A Radio foi unha vía de apertura en Galicia non prevista polo franquismo. Máis apertura que a que se di produciu o turismo, que agromou en España (por ende en Galicia) moito máis tarde ca Radio.

Cen anos, xa. Todo un século de trocos impensables no que a Radio non perdeu a súa esencia nen esgotou a súa capacidade de dicir.

Vai por outros cen anos máis, aínda que só sexa no pensamento.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Desaloxos de familias vulnerables” – José Manuel Pena

“Desaloxos de familias vulnerables” – José Manuel Pena

Os desafiuzamentos da vivenda habitual, por orde xudicial, continúanse producindo cada día. A pesar dos avances lexislativos, da propia Lei de Vivenda e demais Reais Decretos Leis para protexer e garantir a vivenda ás persoas e familias vulnerables, moito máis con...

“Auditorio novo en Lugo” – Xulio Xiz

“Auditorio novo en Lugo” – Xulio Xiz

Cando era moi novo, na aldea, falábase da “hora vella” e da “hora nova”, para diferenciar a que hoxe teñen en Portugal, a nosa tradicional, da que o réxime elixiu para España nas horas altas do poderío alemán. Do mesmo xeito, cando nunha familia pai e fillo levaban o...