A Pobra érguese contra as violencias machistas polo 25-N

25 Novembro 2024

Física, psicolóxica, sexual, económica, social, dixital… o feminicidio. Todas elas son violencias exercidas contra as mulleres e A Pobra do Caramiñal quixo erguerse contra o machismo cunha concentración a carón da escultura Como agua, nos Xardíns de Valle-Inclán, neste Día Internacional da
Eliminación da Violencia contra a Muller Un acto que comezou cun audio de relatos de distintas mulleres; testemuños de vítimas dunha problemática social que é preciso erradicar.


Crueza no vivido, no pasado, e mensaxe de esperanza para o porvir: “hai futuro.”
“Recentemente estase notando certo odio ou certa división con respecto ó feminismo e non o podemos permitir. O feminismo é o principio de igualdade entre as mulleres e os homes. Este termo non pode ser utilizado para crear división, senón todo o contrario: temos que ser capaces de velo
e non deixar que se aproveite quen se beneficia de crear división. Ante esta lacra social como é a violencia de xénero, debemos unirnos e loitar e
reivindicarnos e perseguir entre todas e todos unha sociedade igualitaria onde a violencia machista non teña cabida”, declarou na súa intervención
a concelleira da Igualdade, Estefanía Ramos.
Aquí xogan un papel fundamental as administracións públicas. Deseguido, deu lectura ao manifesto da Federación Galega de Municipios e
Provincias (FEGAMP); unha declaración institucional na que “reafirmámo- lo noso compromiso para lle poñer fin á violencia contra as mulleres,
sendo un obxectivo irrenunciable e prioritario.” “A condena da violencia machista en tódalas súas manifestacións e o traballo colectivo na
construción dun presente no cal ningunha muller sexa vítima desta violencia teñen que se reforzar, dende o compromiso activo que lles poña
fin a esas actitudes patriarcais”, continuou.20


E os datos que apreman sobre a necesidade de erradicar esta problemática; 1.284 mulleres asasinadas por homes que eran, ou foron, as súas parellas dende 2003; 42 mulleres asasinadas no que vai de 2024; máis de 95.000 denuncias presentadas por mulleres vítimas de violencia machista. Porque “non pode haber máis silencios cómplices. Xa é tempo de que a vergoña, que ata agora recaía sobre as vítimas que sofren a violencia, cambie de bando e recaia sobre os agresores”, finalizou.
A esta concentración tamén asistiu a familia de María del Rocío Lijó; unha moza de 18 anos cuxa vida foi truncada na vila a principios dos anos 80.
Unha placa aos pés da referida escultura recorda a esta rapaza, a Diana Quer e a tódalas mulleres vítimas da violencia de xénero.
Tamén se pronunciou o alcalde, José Carlos Vidal, quen manifestou que “está claro que continuamos vivindo nunha sociedade machista onde a
violencia contra a muller a continúan exercendo homes desaprehensivos.
A loita contra os crimes machistas é unha loita contra a inxustiza; unha loita que non é exclusiva dun xénero, senón de toda a sociedade enteira. É
unha loita pola igualdade e contra a discriminación. E esta loita a gañaremos entre todos e todas.”
Procedeuse, no remate, cun minuto de silencio na memoria de tódalas vítimas.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pasada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...