A borrasca Caetano trae temporal costeiro e avisos meteorolóxicos en Galicia

20 Novembro 2024

Este xoves haberá un forte temporal costeiro nas provincias da Coruña e Lugo, polo que cómpre manterse afastado da costa. Haberá e ventos de máis de 80 quilómetros por hora e precipitacións superiores aos 40 litros por metro cadrado

A borrasca Caetano, que entrou en España este mércores, obrigou a activar varios avisos meteorolóxicos en Galicia este xoves, 21 de novembro, con alertas de nivel laranxa e amarelo por chuvias e ventos.

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Xunta de Galicia decretou alerta laranxa por temporal costeiro nas provincias da Coruña e Lugo. Segundo a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), este fenómeno afectará especialmente o noroeste do litoral coruñés e a Mariña lucense. Prevese vento do oeste con forza 8 na zona de Estaca de Bares e mar combinada do oeste, con ondas que poderían alcanzar os cinco metros mar adentro.

As autoridades recomendan extremar as precaucións, evitar actividades no mar e seguir as indicacións oficiais para minimizar riscos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.