O xoves aumenta a influencia anticiclónica en Galicia. Agárdase unha xornada sen chuvias, con ceos nubrados á primeira hora do día e ceos pouco nubrados en xeral pola tarde. As temperaturas mínimas sufrirán un lixeiro descenso mentres que as máximas ascenderán lixeiramente. O vento soprará frouxo de compoñente norte.

O noso mar: Vento do norte á mañá, do noroeste á tarde e variable á noite, forza 1 a 3 á mañá e á noite e 2 a 3 á tarde. Mar ovellado. Visibilidade regular á mañá, boa á tarde e mala á noite. Mar de fondo do oeste, con ondas de 1 a 1.5 metros á mañá e 0.5 a 1.5 metros á tarde e á noite.
Cámaras web da comarca (algunha pode nun funcionar puntualmente)
- Coroso directo _ Santa Uxía de Ribeira
- Praia de Balieiros directo- Corrubedo
- Praia da Ladeira directo- Corrubedo
- Praia das Furnas directo. Porto do Son
- Praia Aguieira directo.Porto do Son
- Portosín. Porto do Son
- Sálvora. Santa Uxía de Ribeira
- Pobra do Caramiñal directo. A Pobra
- Centro Náutico do Freixo
- Praia de Carnota
- Praia de Corón Vilanova de Arousa
- O Grove



