Un veciño do Grove activa un micromecenado para levar recursos aos nenos do sur de África

07 Outubro 2024

O proxecto Smile, posto en marcha polo grovense Carlos López Blanco, busca para levar “alegría e recursos” a nenas e nenos de países do sur de África. Foi posto en marcha cando a familia de Carlos e Retha emprendeu en Malaui unha aventura que nas súas palabras “foi máis aló do turismo”. Coa súa empresa Camino en Kaiak, que ofrece experiencias únicas en caiac ao longo de distintos países do sur de África, deron vida ao Proxecto Smile coa colaboración dos seus tres fillos, Gauri, Kian e Eiden. O seu obxectivo é “converter cada viaxe nunha oportunidade para regalar sorrisos a quen máis o necesitan”.

Para acadalo puxeron en marcha unha campaña de micromecenado (crowdfunding) en Gofundme.

Durante unha recente estadía nun pequeno núcleo de pescadores á beira do lago Malaui, a familia tivo o que nas súas palabras foi “un momento revelador”. Tras visitar un colexio local, atopáronse cun neno que escribía nun anaco de papel que xa tiña marcas. Este encontro inspirounos para actuar. A pesar dos seus recursos limitados, decidiron comprar material escolar para os 500 nenos do colexio, incluíndo cadernos, lapis, bolígrafos e ata balóns de fútbol. Esta acción non só beneficiou aos estudantes, senón que tamén apoiou a economía local, comprando os materiais na mesma comunidade que recibía a axuda.

“O proxecto”, explican, “transformouse nunha misión continua para compartir alegría e mellorar a vida das comunidades que visitamos, unha pequena axuda a cambio dun enerxético sorriso”.

O próximo destino da familia é Lesoto, un pequeno país situado en Sudáfrica, onde planean visitar un orfanato local. Carlos e Retha propuxéronse levar material escolar, deportivo, roupa e produtos básicos aos nenos do orfanato. Nesta viaxe, ademais dos sorrisos que esperan recoller, tamén teñen a intención de “colaborar co comercio local, asegurando que a súa axuda contribúa á economía da rexión”.

O chamado do seu micromecenado é claro: calquera persoa que comparta a visión do Proxecto Smile pode unirse a esta causa.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.