Ribeira camiñará o 13 de outubro en solidariedade con AGAPREM e os nenos prematuros

04 Outubro 2024

O vindeiro 13 de outubro toca poñerse as botas de camiñar en solidariedade coas crianzas prematuras e as súas familias. Este é o cometido da V Andaina Solidaria a favor de AGRAPREM (Asociación Galega de Familias de Nenos Prematuros), organizada pola Asociación de Amas de Casa de Ribeira na que colabora o concello de Ribeira así como un bo número de patrocinadores locais. Os detalles da iniciativa foron compartidos polo concelleiro de Deportes Xabier Vidal, a presidenta das Amas de Casa de Ribeira, Puri Cores, Sofía Cores da directiva das Amas de Casa e o técnico de Deportes do concello Fran Romay.

A saída da andaina será a explanada do porto preto da Oficina de Turismo o vindeiro 13 de outubro a partir das 10.30 h, as inscricións poderanse facer ao Whatsapp 653 33 31 24, ao correo amasdecasaderiveira@gmail.com ou in situ cun prezo libre ou á vontade.

Cores agradeceu ao Concello pola colaboración igual que aos patrocinadores; tamén aproveitou para facer un chamamento ás administracións “porque as terapias destes nenos e nenas son dun custe moi elevado para as familias que o sofren” e animou a toda a veciñanza de Ribeira que acuda pola “importancia que ten esta cuestión”.

Vidal contextualizou o obxectivo da andaina: “Esta iniciativa quere dar visibilidade a esta asociación que lles aporta axuda ás familias con nenos e nenas prematuros; que en moitos casos teñen dificultades cas necesidades que requiren. Sen a axuda da de dita asociación, non poderían afrontar os gastos e inconvenientes que poden requirir os rapaces e rapazas prematuros”.

Fran Romay explicou o percorrido que tamén esta deseñado para a rapazada, e dixo que o itinerario discorrerá pola beiramar do paseo de Coroso e xirando á esquerda polo novo paseo ao carón da Escola Náutico-Pesqueira seguindo ata o aparcadoiro de Coroso onde haberá un pequena parada para logo seguir de volta ata o Malecón”, e para rematar Romay tamén animou á toda a veciñanza para camiñar en prol da sensibilización e concienciación dos nenos e nenas prematuros.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.