Récord de participantes na IV Andaina Solidaria JEALSA

01 Outubro 2024
Imaxe de participantes na andaina cedida por Amicos

Nin a ameaza de chuvia nin calquera outro factor desanimou a marea vermella da IV Andaina Solidaria JEALSA – SD. Barbantia, celebrada este domingo 29 de setembro, con saída dende a praza de Galicia de Boiro e coa participación de máis dun milleiro de participantes, cifra que superou a do ano pasado, onde se andou preto dos 1.000 camiñantes (e ciclistas) solidarios.

O recadado na andaina (cinco euros por persoa participante: non só quen se enfundou a camiseta vermella e percorreu o itinerario trazado, senón tamén quen quixo colaborar no plano económico a través do dorsal 0), auspiciada pola conserveira local JEALSA e a Sociedade Deportiva Barbantia, irá dar á oficina compostelá da organización Stop Leucemia (para investigar na loita contra esta doenza poñendo o foco nos novos avances tecnolóxicos). O percorrido, accesíbel e doado de camiñar, foi de dez quilómetros.

Na cita tamén se implicou a comunidade da asociación local Amicos, entidade inclusiva do Barbanza, que cualificou a andaina a prol de Stop Leucemia de “exemplo do que podemos lograr unidos por unha causa común”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.