Raúl Frieiro incorpórase ao corpo de axentes da Policía Local de Boiro

15 Outubro 2024

O alcalde de Boiro, José Ramón Romero, presidiu na mañá deste 15 de outubro a toma de posesión de Raúl Frieiro como novo axente da Policía Local, na que tamén estivo o xefe do corpo, Francisco Alcalde.

Frieiro intégrase no corpo da Policía Local de Boiro logo de exercer como xefe na Policía Local de Rianxo dende o 2019 ata a actualidade. En canto á súa titulación, é diplomado superior en Dirección e Xestión da Seguridade Pública pola Universidade Francisco de Vitoria e conta cun Máster Universitario en Análisis de Intelixencia e Prevención do Terrorismo pola Universidade de Isabel I de Castilla.

Ademais conta con formación complementaria en especialización en Información, avanzado de Policía Xudicial, superior de Mediación Policial, Protección de Autoridades e Escolas e Seguridade e Intelixencia; así como diversas condecoracións civís e militares entre as que destacan Cruz ó Mérito da Garda Civil, Cruz ó Mérito da Loita Antiterrorista e a Cruz de Bronce da Policía Europea, Medalla ó Mérito Deportivo da Comunidade de Madrid, Medalla á Permanencia no Servicio e Medalla ó Recoñecemento Profesional da Unión Española de Xefes de Policía Local.

No ámbito docente Frieiro é profesor colaborador da Academia Galega de Seguridade Publica, da Escola de Infantería de Marina “Gral. Albacete y Fuster” e dos Plans de Formación Profesional do Ministerio de Defensa.

O alcalde, José Ramón Romero, desexoulle moitos éxitos no desenvolvemento das súas funcións: “Para Boiro é un orgullo contar cun axente como Raúl Frieiro que vai reforzar o cadro da Policía Local e aportar a súa experiencia en beneficio da veciñanza do municipio e a prol da seguridade cidadá”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.