Preto de 800 persoas retiran unha tonelada de lixo na XIII Limpeza Simultánea de Praias organiza por ADEGA

30 Outubro 2024

A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (ADEGA) xuntou nesta pasada fin de semana preto de 800 persoas voluntarias para limpar os areais galegos. Máis de 50 entidades de toda Galiza participaron na XIII Limpeza Simultánea de Praias coordinada cada ano pola asociación.

ADEGA fixo saber que “a pesar da meteoroloxía desfavorábel, que provocou que varias limpezas se adiaran, contáronse por centos as persoas voluntarias que sumaron os seus esforzos ao longo do litoral galego para limpar as praias e denunciar a problemática ambiental do lixo mariño”.

A organización ecoloxista ADEGA calcula que se retirou máis dunha tonelada de lixo nesta 12ª edición da Limpeza Simultánea de Praias. Na actividade participaron centros de ensino, asociacións, escolas de surf, colectivos e particulares de todo o territorio galego que traballaron de xeito organizado en 29 concellos da costa.

Caracterización do lixo retirado

De entre o lixo retirado, tiveron moita presenza as cabichas, os paus dos ouvido, as toalliñas e produtos de hixiene e, como vén sendo habitual, restos plásticos. Ademais, adoitan aparecer residuos menos convencionais como calzado, traxes de baño, tubos, colchóns, rodas, portas… Neste ano, ADEGA fixo un esforzo especial por identificar a presenza de biosoportes, materias utilizados nas plantas depuradoras na fase da eliminación de materia orgánica, que cada vez aparecen máis na costa galega e que preocupan ás organizacións ecoloxistas.

Con este tipo de accións, ADEGA pretende poñer o foco sobre a problemática dos residuos nos nosos areais despois da tempada turística, así como na importancia de conservar a nosas praias libres de lixo para evitar que este acabe no mar. Ademais, ADEGA incide en que as limpezas de praias non deben de ser feitos illados, e convida a calquera persoa a recoller o lixo do noso litoral sempre que poida e de xeito manual, con respecto polos ecosistemas dunares e con especial coidado coa fauna e flora que neles habita.

ADEGA agradece enormemente a participación de todas as persoas que colaboraron a xornada e participaron como voluntarias en todas as limpezas.

Concellos colaboradores

Esta actividade está financiada polos concellos de Ares, Cangas, Carballo, Muros, Nigrán e O Grove.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.