Os días 11 e 12 de outubro celébrase o Encontro de Creadores e Creadoras BarbantiArte IX, no Museo do Gravado de ARtes

02 Outubro 2024

A Asociación Cultural Barbantia, o Museo do Gravado e o Concello de Ribeira celebran este mes o Encontro de Creadoras e Creadores BarbantiArte IX, que se desenvolve os días 11 e 12 de outubro nas salas 1 e 2 do Museo do Gravado de Artes (Ribeira).

O venres 11 ás 20.30 horas celebrarase a inauguración e a presentación do catálogo da mostra, novena edición. O sábado 12 ás 12.30 horas será a quenda dunha mesa redonda, Arte e Intelixencia Artificial, a cargo da noiesa Soledad Penalta, escultora e académica, Carlos L Bernández, crítico de arte e historiador, e Xulio Gil, fotógrafo e matemático.

Contarase coa presenza de Luís Pérez Barral, alcalde de Ribeira e presidente do padroado do Museo, e Pastor Rodríguez, director do Museo. En palabras deste último, “este encontro reúne unha ve máis os artistas do Barbanza para a celebración de BarbantiaRte, a gran festa da creatividade da nosa bisbarra, un encontro que naceu coa intención de mostrar a inmensa capacidade creativa deste territorio, mais tamén co desexo de poñer en diálogo non só os artistas a nivel interpersoal, senón tamén para que o espectador faga dialogar distintas disciplinas, estilos e sensibilidades”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.