O Xantar de Confraternidade da Pobra xuntará o vindeiro 25 de outubro a persoas maiores de toda a comarca

02 Outubro 2024

O Concello da Pobra do Caramiñal xa está ultimando os detalles cara a celebración do Xantar da Confraternidade que terá lugar no 25 de outubro, a partir das 14.00 horas, no Polideportivo Municipal de Venecia.

Trátase dunha cita que agarda reunir a aproximadamente 750 comensais “nunha xornada de encontro e distensión dirixida en exclusiva a persoas maiores de toda a comarca do Barbanza, non só da nosa localidade”, declarou a concelleira dos Servizos Municipais, Estefanía Ramos, engadindo que se trata “dun momento de estreitar lazos, socializar, degustar o menú preparado para a ocasión e bailar ao son da música”, engade. Quixo tamén agradecer a achega económica das empresas que colaboran para que este xantar sexa unha realidade.

No que respecta á adquisición das entradas, a técnica municipal, Sara Sánchez, explicou que o período para se anotar abrangue do día 7 ao 18 de outubro, ámbolos dous inclusive. Este trámite formalizarase no primeiro andar da casa consistorial, en horario de 09.30 a 14.00 horas. Deberanse aboar 18 euros por persoa, preferiblemente, mediante tarxeta.

A carta constará de dous mariscos, peixe, carne, sobremesa, café e bebidas variadas. Trécola porá o toque musical no momento da recepción das persoas asistentes, mentres que o baile da tarde correrá a cargo de Mar Davila Trío.

Contarase coa colaboración da Protección Civil para organiza-la entrada ao pavillón, ademais de dispoñer de ambulancia como xa é habitual en eventos multitudinarios e mobilizar diferentes servizos que garantan un óptimo desenvolvemento.

Tralo proceso de licitación, o cátering foi adxudicado a Chicolino por un importe de 35.623’50 euros, IVE incluído.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...