O PP de Ribeira esixe ao Concello “solucións” ante a presenza das ratas en espazos públicos

25 Outubro 2024

O Partido Popular de Ribeira denunciou nun comunicado o que cualifica de “grave problema”: a suposta proliferación de ratas e outras pragas en espazos públicos. Os populares din que o Goberno local atópase “inactivo” ante esta cuestión, malia ser un tema “que afecta directamente á saúde pública”.

Indican que “no pasado pleno, dende o grupo municipal popular solicitábase un cambio nas políticas que afectan directamente a este eido, así como a maior implicación do responsábel municipal en atallar unha problemática que está estendida pola totalidade do municipio e que xa non se trata de un feito puntual”.

Dende as filas populares afirman que “nada se fixo dende entón por frear un problema que afecta a gran parte da veciñanza e xa se está convertendo nun problema para os comerciantes, que a pasada fin de semana vían coma unha rata de grandes dimensións paseaba de comercio en comercio ata que dende Protección Civil colocaron unha gaiola para poder cazala”.

Engaden que “a aparición destes roedores xa non só afecta aos espazos públicos do municipio, onde se está convertendo en algo habitual poder visualizalos, senón que a súa aparición en vivendas, garaxes e mesmo en locais comerciais está creando unha preocupación veciñal ante a absoluta impasividade do goberno tripartito”.

A voceira popular María Sampedro criticou o destinado ao control de pragas nos Orzamentos, “un aumento da contía que en termos económicos é de 1.000 euros e que dista moito de poder arranxar un problema real que afecta o día a día dos ribeirenses”. E concluíu: “Xa non estamos a falar de cascudas, que as hai a milleiros, estamos a falar de unha problemática moi seria que causa preocupación entre veciños e comerciantes e que como non se tomen medidas vai a rematar por causar un grave problema de saúde pública”.

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.