O Concello de Outes demanda á Xunta arranxos nas infraestruturas locais

31 Outubro 2024

Este mércores 30 de outubro o alcalde, Manuel González, e o tenente alcalde, Anxo Núñez, mantiveron unha reunión co director da Axencia Galega de Infraestructuras, Francisco Menéndez, para demandar as seguintes actuacións en estradas propiedade da Xunta de Galicia:

-Arranxo e mellora da Avenida de Fisterra.

-Arranxo do firme e mellora da seguridade viaria na AC-196 entre Seilán e a Ponte Nafonso.

-Creación dun sendeiro peonil e ciclista entre os núcleos urbanos da Serra de Outes e Cruceiro de Roo.

-Mellora da seguridade viaria en diferentes treitos da estrada xeral AC-550: Freixo, Margarida, Serra de Outes e Riba de Mar.

Alcalde e concelleiro expresaron o de sexo de atopar colaboración e boa vontade da Administración autonómica para “atender as necesidades urxentes do concello”.

O alcalde, Manolo González, agradeceu o encontro ao director da AXI, pero recordou “que os veciños e veciñas agardan dende fai anos pola mellora da avenida de Fisterra así como da estrada da Ponte Nafonso”.

Pola súa parte, o tenente alcalde e concelleiro de mobilidade peonil, aproveitou para demandar avances na mobilidade peonil e ciclábel do concello achegando a proposta para a creación dun sendeiro que una os centros urbanos da Serra de Outes e Cruceiro de Roo así como revisar a seguridade viaria en varios puntos localizados nas zonas do Freixo, Seilán, Margarida, Serra de Outes e Riba de Mar.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.