O Concello de Boiro ofrece novas actividades no marco do ciclo Muller e Saúde

29 Outubro 2024


O Concello de Boiro programa unha nova edición do ciclo de actividades Muller e Saúde, unha proposta que busca promover o benestar físico, mental e emocional da muller. As actividades desenvolverase durante o mes de novembro e requiren inscrición previa.

A primeira das propostas que se vai levar a cabo é unha sesión sobre Alimentación antinflamatoria, impartida por Iván Parada Barral, dietista da Consellería de Sanidade. Esta sesión terá lugar o 15 de novembro de 17.00 a 20.00h

O 29 de novembro, no mesmo horario, está programada unha charla sobre os Beneficios do adestramento de forza para a prevención de enfermidades. Esta sesión estará impartida por Orlando Blanco Iglesias, técnico do Servizo de Estilos de Vida Saudábeis da Consellería de Sanidade.

Este programa ten como obxectivo promover un estilo de vida saudábel en todas as etapas da vida. Un proxecto que foi deseñado dende a área de Política Social co apoio da Escola Galega de Saúde para Cidadáns que se encarga de impartir as actividades.

O programa abarca áreas como son a xinecoloxía, a saúde mental, nutrición, actividade física e benestar emocional; ofrecendo ferramentas e recursos para previr doenzas e mellorar a calidade de vida da muller.

Todas as actividades son gratuítas pero requiren inscrición previa no enderezo electrónico cim@boiro.org ou no teléfono 981 84 48 00 ext. 1285.

Outros artigos

Xa na rúa a edición impresa de ” O Barbanza” dedicado o verán

O Barbanza 75 – xuño 2025 | O Barbanza Como cada mes un novo número de “O Barbanza” na súa edición impresa chega o número 75. A publicación xa en distribución en toda a comarca, trae unha ampla axenda das actividades sobre os actos do verán nos concellos da comarca....

+

Martes 17, ceos despexados e temperaturas elevadas

As altas presións continuarán un día máis estacionarias ao norte da Península Ibérica, xerando un vento do nordés e achegando aire cálido procedente do norte de África. Deste xeito, espérase unha xornada na que predominen os ceos despexados, con algunha nube de...

+

Concentración en Ribeira tras un nuevo crimen machista en A Coruña

Un novo crime machista sacode A Coruña. Un home matou ao seu exmujer no piso que esta habitaba na cidade herculina, aumentando así o número de feminicidios en Galicia. O presunto autor xa foi detido polas autoridades. En resposta a esta situación, o colectivo...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A morte do cadelo”. Luís Celeiro

“A morte do cadelo”. Luís Celeiro

Morreu o seu can, Xambrailo, e aínda anda coa dor no peito, nos ollos mollados, no corazóne na alma. A súa alma é tan grande que o ocupa todo, o que se ve e o que está detrás doque se ve, o de arriba e o de abaixo. El di, con toda a súa sabedoría no falar e con...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.