Na Pobra retirados 67 quilogramos de lixo da praia da Lombiña-Cabío

29 Outubro 2024

A Concellaría do Medio Ambiente da Pobra do Caramiñal sumouse á XIII Limpeza Simultánea de Praias convocada pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) cunha retirada de lixo do areal da Lombiña-Cabío neste 29 de outubro.

Dende a Administración local optouse novamente por implica-la comunidade educativa coa participación dos colexios de primaria da localidade. Así, arredor de cincuenta alumnos/as (corenta de 6º curso do CEP Salustiano Rey Eiras e dez do 3º curso do CEP Pilar Maestú Sierra) liberaron a dita praia de 67 quilogramos de residuos nesta xornada de voluntariado ambiental.

O concelleiro do Medio Ambiente, Xosé Lois Piñeiro, explicou que “dáselle así continuidade ás actividades de sensibilización que levamos a cabo cos centros de ensinanza, nesta ocasión, involucrando ao alumnado de primaria. Toda a sociedade debe estar concienciada sobre a importancia do coidado da nosa natureza, das nosas contornas mariñas, do respecto ao medio ambiente. E cremos que aquí é fundamental traballar coas novas xeracións para construír un futuro máis sostible”.

Concello

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

La escritora británica Evelyn Beatrice Hall publicó en 1906 el libro “The Friends ofVoltaire” en el que relata como entendía la tolerancia el filósofo francés y dejó para lahistoria la frase “No estoy de acuerdo con lo que dices, pero defenderé con mi vida tuderecho a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.