Muros presenta un novo programa para fomento da lectura

21 Outubro 2024

O Concello de Muros presentou este 21 de outubro un novo programa de actividades que ten como obxectivo “fomentar a lectura entre a cidadanía”, segundo adiantou a concelleira de Cultura, Caridad González, que indicou que estas actividades terán lugar na Biblioteca Municipal de Muros e na Axencia de Lectura de Esteiro ata o próximo mes de maio.

O programa comezará este martes 22 de outubro na Biblioteca de Muros e o mércores 23 de outubro na Axencia de Lectura de Esteiro, ambas as sesións ás 18:00 horas. Este ciclo semanal está deseñado para o público infantil e familiar, achegando á cidadanía ás bibliotecas e estimulando o interese pola lectura.

A Concelleira de Cultura, Caridad González, destaca a importancia da lectura non só polo seu valor educativo e cultural, senón tamén polo seu compoñente lúdico: “Buscamos fomentar a lectura a través destas actividades, e ao mesmo tempo, poñer en valor as bibliotecas como espazos abertos á aprendizaxe e o encontro”, afirmou.

Ademais, para potenciar a asistencia dos mozos e mozas ás bibliotecas e convertelas en lugares de encontro e compartir, reforzarase a adquisición de libros para lectura obrigatoria de Primaria, Secundaria e Bacharelato, que estarán dispoñibles para o préstamo. As bibliotecas son un recurso esencial para toda a veciñanza.

A concelleira sinalou: “Queremos que todos se sintan motivados a visitar e utilizar estes espazos, que son fundamentais para o aprendizaxe e a cultura”. Para máis información sobre o programa e as actividades, invítase á toda a veciñanza a achegarse ás bibliotecas.

Outros artigos

Falece un home tras ser atropelado en Cee

Un home faleceu esta mañá tras ser atropelado na VG-1.4, ao seu paso pola parroquia de Toba, en Cee. O accidente produciuse no quilómetro aproximado 4 da vía. Un particular contactou co 112 Galicia ás 07:45 horas para informar do atropelo. Segundo indicaba, a vítima...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.