O Bombeiros Provinciais de Boiro foron alertados a primeira hora de mañá dun accidente de tráfico na AG-11, chegando á rotonda da saída número 11 en dirección Catoira, no Concello de Rianxo.
O accidente consistiu nun coche que se foi atrás e bateu coa dobre vionda da parte esquerda e logo coa dereita. O condutor do vehículo así llo explicou ao operativo, quen foi trasladado en ambulancia ao hospital do Salnés.
O operativo foi completado pola Garda Civil de Tráfico e o 061.




