A mostra Amiríos recalou en Rianxo e chega este luns a Ribeira

28 Outubro 2024

A exposición itinerante do proxecto Amiríos que desenvolve Amicos, asociación inclusiva da nosa comarca, recalou estes días en Rianxo, onde se puido visitar na praza de Padrón (logo da súa primeira parada en Boiro) e a partir deste luns 28 no porto de Ribeira. A mostra, que foi visitada estes días polo alcalde Julián Bustelo na súa estadía en Rianxo, ten como obxectivo xeral poñer en valor os ecosistemas acuáticos ligados aos ríos con actividades de divulgación, concienciación e sensibilización co alumnado dos centros de ensino.

Amiríos é un proxecto promovido pola Asociación Amicos e financiado por Augas de Galicia, entidade adscrita á Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático da Xunta. A iniciativa nace para promover a participación activa de toda a sociedade na conservación e mellora dos ríos, partindo da situación das fontes fluviais da zona hidrográfica Galicia Costa. Neste senso, entre as distintas accións levadas a cabo ao abeiro do proxecto está a instalación de distintos puntos de información en forma de mostra itinerante en espazos públicos da zona hidrográfica Galicia Costa.

Ao longo do mes de outubro, a mostra informativa estará exposta na senda de Praia Xardín de Boiro, no paseo marítimo de Porto do Son a partir do luns 14, na praza do Concello de Noia dende o venres 18, na praza de Padrón de Rianxo a partir do martes 22, e na avenida do Malecón de Ribeira dende o luns 28.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.