A axenda de Rianxo vén esta “finde” con teatro, un serán de Vai de Roda, xornadas sustentábeis e música

24 Outubro 2024

O Concello de Rianxo compartiu a axenda de actividades programadas pola Área de Cultura para esta última fin de semana de outubro, ás que se suman as organizadas por outras entidades culturais con sede no termo rianxeiro.

Venres 25

Martabelas Teatro representa a función Segredos de Familia e Licor Café. Trátase dunha comedia negra aberta a todos os públicos programada ao abeiro da Rede Cultural da Deputación da Coruña. A entrada será de balde ata completar capacidade. Será ás 20.00 horas no Centro Sociocultural da Atalaia en Asados.

A escritora Rosa Suárez Redondo presenta a súa novela A miña vida noutro lugar. Será ás 20.30 horas no Auditorio de Rianxo. Trátase dunha novela con prosa sinxela e ritmo fácil, cun chisco de humor e misterio, sen pudor nin sentimentalismos que narra a vida íntima dunha muller que valora o alleo sempre por riba do propio. Logo da acollida que xa que xa tivo este pasado verán no marco da Feira do Libro de Rianxo, a autora rianxeira estará acompañada na presentación pola escritora Mª Carmen Carames Gorgal, o escritor e investigador Xosé Ramón Brea Rey e o concelleiro de Cultura, Julio Alcalde.

Sábado 26

-O campo de Arriba de Rianxo volverá a  vivir unha  xornada chea de tradición e música coa celebración dunha nova edición do Serán organizado pola Asociación Vai de Roda. Será ás 20.00 horas no Campo de Arriba.

Talía Teatro vai representar no Auditorio a peza Unha inimiga do pobo, ás 20.30 horas. Ao abeiro do programa Rede Cultural 2024 da Deputación, o Auditorio acolle a posta en escena pola compañía Talía Teatro da obra Unha inimiga do pobo, unha adaptación dunha das pezas máis significativas da literatura dramática universal. Esta adaptación de Talía acadou sete Premios María Casares: Mellor espectáculo,Mellor dirección, Mellor actriz protagonista, Mellor actor secundario, Mellor adaptación, Mellor espazo escénico e Mellor iluminación. O elenco está composto por: Marta Lado, Toño Casais, Dani Trillo, Rubén Prieto, Marta Ríos, María Ordóñez, Diego Rey, Artur Trillo e Xurxo Barcala. Público adulto. A entrada será de balde ata completar capacidade.

Domingo 27

Campo Maneiro (Taragoña) vai albergar este domingo, a partir das 10.30 horas, as Xornadas por un Monte Vivo. O Laboratorio Ecosocial do Barbanza, do que forman parte a Fundación RIA así como oito CMVMC de Rianxo a través da Plataforma pola Defensa do Monte, dúas Universidades, a Fundación Montescola e o propio Concello de Rianxo, retoma a primeira das xornadas que tiveron que ser aprazadas. Unha xornada repleta de actividades abertas á participación da cidadanía, promovendo a xestión activa do territorio.

O Auditorio de Rianxo, ás 18.30 horas acolle o concerto de apertura do VII Ciclo de Novos Intérpretes, organizado pola Escola de Música de Rianxo en colaboración co Concello, na intención de achegar ao público as novas xeracións de artistas. O ciclo inclúe unha serie de 5 concertos entre os meses de outubro e decembro. Este domingo actúa Alejandro Sanjiao (clarinete).

Ademais

-Até o vindeiro 2 de novembro podemos visitar a exposición REFLEJOS DEL ALMA de RAQUEL REY

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...