Renovada a base da ambulancia medicalizada do 061 no Salnés, que volve operar desde Vilagarcía de Arousa

03 Setembro 2024

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, supervisou hoxe o remate das obras de ampliación e mellora da base da ambulancia medicalizada do Salnés, que volveu xa operar desde Vilagarcía de Arousa.

Na visita tamén participaron o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, o xerente do Servizo Galego de Saúde, José Ramón Parada, o xerente da área sanitaria de Pontevedra e O Salnés, José Flores, e o director da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Román Gómez.

O conselleiro de Sanidade destacou que a Xunta está a cumprir o seu compromiso de poñer en servizo as instalacións reformadas do 061 no Salnés a comezos de setembro, co regreso, tamén, da ambulancia medicalizada desprazada a Sanxenxo.

Antonio Gómez Caamaño sinalou que grazas a este investimento de 155.000 euros, os médicos, enfermeiros e técnicos sanitarios do 061 do Salnés dispoñen dunhas mellores instalacións, cunha estancia que independiza do resto de zonas de traballo os desprazamentos desde o hospital ao mortuorio, catro dormitorios, unha sala de reunións, vestiarios diferenciados por sexo e un almacén. 

O conselleiro aproveitou a visita para poñer en valor o labor fundamental do 061 e dos seus profesionais, que realizan un servizo público esencial, garantindo o acceso á asistencia sanitaria as 24 horas do día e os 365 días do ano.

Primeira obra dun plan integral de reformas

As obras de mellora da base do 061 no Salnés son as primeiras finalizadas dentro do plan da Xunta de reforma, modernización, accesibilidade, adaptación e adecuación das bases e das infraestruturas da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061. Este plan previsto para o período 2024-2026 suporá un investimento estimado de máis de dous millóns de euros.

Así, o Goberno galego levará a cabo melloras nas bases medicalizadas e de enfermería das que dispón o 061 en Galicia. En concreto, actuarase nas bases das localidades da Coruña (dúas bases), Santiago de Compostela, Ferrol, Lugo, Monforte de Lemos, Foz, Ourense (dúas bases), Pontevedra, Vilagarcía de Arousa, Vigo e Mos. O proxecto tamén inclúe melloras nas instalacións da central de coordinación, situada na Estrada.

Na actualidade a rede de transporte sanitario urxente do 061 está formada por 16 ambulancias de soporte vital avanzado, 107 de soporte vital básico, 2 ambulancias convencionais e 2 helicópteros medicalizados.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.