Pesar polo pasamento do xornalista Xavier Navaza Blanco

09 Setembro 2024

“Un calificado e sagaz xornalista, finísimo e agudo articulista político, requintado investigador e posuidor dunha sólida base cultural” son os calificativos que a Asociación da Prensa de Santiago (APSC/FAPE), da que foi Presidente nos anos 1980-83, destacou tralo pasamento de Xabier Navaza Blanco no día de onte en Santiago, os 76 anos.

Nado en Lalín, obtivo a licenciatura en Periodismo pola Universidade Autónoma de Barcelona no ano 1976. De amplo a variado curriculum foi fundador da revista Teima, xornalista en diversas seccións de El Correo Gallego e correspondente de varios medios nacionais, foi subdirector do Xornal Diario de Pontevedra e destacou tamén a súa faciana de escritor con obras como a triloxía O laberinto galego, ou El último amante de Marilyn y
Disparos.

Moi querido e respectado pola profesión, os seus compañeiros e compañeiras de APSC tributanlle o máis sinceiro e amigable homaxe asi como amosan as súas condolencias a súa familia e amigos. O enterro terá lugar este martes as 18 horas na igrexa de Lalín.

Outros artigos

Domingo 13, sol e temperatura alta

Durante o domingo agárdanse néboas matinais en zonas de interior, que darán paso a ceos despexados na metade oeste. As temperaturas mínimas sufrirán un lixeiro descenso, mentres que as máximas experimentarán un moderado ascenso ehgando ós 25-27 graos. Os ventos...

+

Dous feridos nun accidente de tráfico en Aguiño

Unha condutora e unha ocupante dun turismo Nissan resultaron feridas tras unha colisión frontolateral na estrada DP-7305, á altura de Aguiño. O accidente, no que tamén estivo implicado un vehículo Fiat, provocou que ambos os automóbiles envorcasen e terminasen en...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión