O festival Tolemias Hailas de A Creba recada 1.200 euros na súa primeira edición en Ribeira

10 Setembro 2024

A Asociación Saúde Mental A Creba realizou o pasado sábado 7 de setembro a primeira edición do festival solidario Tolemias Hailas, unha iniciativa na que se buscaba dar visibilidade a esta entidade, así como á saúde mental. Ao mesmo tempo, tivo unha marcada vertente solidaria, xa que serviu para recadar arredor de 1.200 euros que contribuirán a manter a actividade da dita asociación inclusiva do Barbanza.

O emprazamento escollido foi a praza ribeirense da Porta do Sol. Marcaban os reloxos as 12:30 horas cando Jota e Xanico, presidente e colaborador da Festa da Dorna, fixeron escachar a rir ao público, lanzando dardos de retranca contra quen se puxera a tiro, mesmo contra o persoal técnico da asociación organizadora ou as e os integrantes da Corporación Municipal presentes no acto.

Posteriormente, o polifacético Cándido Pazó deixou clara a súa profesionalidade cunha maxistral demostración de que continúa sendo un referente da narración oral galega e amosando o seu compromiso coa saúde mental, ofrecéndose a colaborar con este evento. O broche final foi a cargo do grupo The Orphans, un trío chegado desde a cidade compostelá e que coas súas notas deleitou ao público asistente.

A presentación do acto foi a cargo de dúas usuarias da entidade, interviron tamén José Ramón Girón, presidente de A Creba; Isabel Fernández, secretaria de A Creba e Francisco Suárez-Puerta, segundo tenente de alcalde e concelleiro de Festexos. Durante o acto estiveron presentes varios membros da corporación como Fernando Abraldes, concelleiro do Mar ou o primeiro edil, Luís Perez Barral.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.