O Concello de Boiro saca a licitación as obras para a mellora dun camiño de acceso a parcelas agrícolas en Nine

03 Setembro 2024

O Concello de Boiro saca a licitación as obras para a mellora dun camiño de acceso a parcelas agrícolas no lugar de Nine, unha actuación co-financiada mediante as axudas da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER). As actuación ascenden aos 61.241,34 euros e as empresas interesadas poden presentar as ofertas a través da Plataforma de Contratos do Sector Público ata o vindeiro 23 de setembro.

As actuacións previstas pretenden a mellora do firme e recollida de pluviais mediante a rehabilitación superficial coa aplicación dunha nova capa de rodaxe asfáltica para conservar e mellorar as características funcionais e a protección do conxunto do firme, así como incorporar unha rede de recollida de pluviais que evite as escorrentías de auga da choiva. A actuación completarase coa sinalización viaria horizontal para a mellora da seguridade.

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.