O Concello de Boiro abre o prazo de inscrición nas Aulas de Educación Secundaria para Persoas Adultas

06 Setembro 2024
Foto de arquivo dunha actividade de educación para persoas adultas celebrada en Boiro

O Concello de Boiro, mediante a Concellería de Ensino, abre o prazo de inscrición para as aulas de Educación Secundaria de Persoas Adultas para o curso 2024-2025 e que se van desenvolver na Casa da Cultura de Boiro en horario de 20.00 a 22.00 horas.

O Concello explicou que estas ensinanzas están destinadas a persoas maiores de 18 anos que non posúan o título da ESO e ofrecen a posibilidade de adquirir, actualizar ou complementar os coñecementos e aptitudes do alumnado para o seu desenvolvemento persoal e profesional. Entre os obxectivos específicos destas aulas están os que adquirir e actualizar a formación básica, mellorar a cualificación profesional, adquirir novos conceptos, técnicas e habilidades para unha adaptación ao mundo laboral actual.

A aula de persoas adultas do Concello de Boiro está adscrita ao IES San Clemente de Santiago de Compostela, desprazándose o profesorado do centro a Boiro para as avaliacións. Os cursos son cuadrimestrais e o horario das clases será de luns a xoves de 20.00 a 22.00 horas na Casa da Cultura de Boiro co obxectivo de que sexan compatibles coa xornada laboral.

Ofrécense un total de 50 prazas en catro módulos: 1º, 2º, 3º e 4º, podéndose realizar dous módulos en cada curso escolar e cada un dos módulo consta de diversos ámbitos: científico-tecnolóxico (matemáticas, bioloxía, física), ámbito lingüístico (galego, castelán, inglés ou francés) e o ámbito social.

As persoas interesadas poden inscribirse presentando unha solicitude xunto co DNI e o certificado de estudos realizados no Rexistro Xeral do Concello de Boiro. Aquelas persoas que xa cursasen estudos anteriormente so deben presentar a declaración no modelo ANEXO II.

O prazo de inscrición estará aberto entre o 9 e o 25 de setembro de 2024. Toda a información e documentación está dispoñible na web municipal e na Casa da Cultura de Boiro.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.