María Rivas presentou o novo mapa cartográfico da provincia da Coruña realizado polo Instituto Xeográfico Nacional

09 Setembro 2024

A subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, visitou este luns 9 de setembro a Casa do Mapa para presentar o novo mapa cartográfico oficial da provincia da Coruña, editado polo Instituto Xeográfico Nacional (IGN) a escala 1:200.000 e que recolle as últimas novidades, principalmente en materia de infraestruturas e núcleos de poboación, axustándose así aos cambios no territorio.

A versión actualizada xa está dispoñíbel tanto en formato papel como para a súa descarga online.

A subdelegada foi recibida na Casa do Mapas polo responsable do Instituto Xeográfico Nacional en Galicia (entidade responsábel da elaboración das series institucionais dos mapas provinciais e autonómicos), Pablo Carballo, e a xefa da área de Fomento da Delegación do Goberno, Ana Quintairós. Ambos explicaron a María Rivas que de xeito periódico prodúcese unha actualización do mapa oficial, que, á súa vez, serve de base para a elaboración doutros mapas, tanto especializados como de uso comercial.

A subdelegada afirmou que “a cartografía é un proceso dinámico que require de constantes renovacións”, e indicou así mesmo que, “estas actualización serven de soporte para un Sistema de Información Xeográfica (SIG) e pódense utilizar para todo tipo de aplicacións tecnolóxicas”. Amais, dixo, proporciona unha visión do territorio, esencialmente cartográfica, describindo o aspecto e os detalles da superficie xunto cos obxectos xeográficos que se atopan sobre ela, xa sexan naturais, xa sexan produto da actividade humana”.

Esta nova cartografía da provincia servirá como base xeográfica tanto para as consultas xeográficas e a análise directa como para a creación e implantación de servizos xeográficos, así como para a obtención e a actualización de produtos de datos xeográficos e cartográficos derivados.

A subdelegada tamén agradeceu a entrega de varios exemplares do novo mapa para que formen parte do fondos da Subdelegación do Goberno na Coruña.

Rivas indicou que o mapa actualizado da provincia da Coruña está dispoñible en papel na tenda da Casa do Mapa do Instituto Xeográfico Nacional na Coruña ao prezo de 6 euros, pero é descargábel en formato PDF na web do Centro Nacional de Información Xeográfica, onde tamén poden consultarse mapas en formato imaxe, vectorial e datos topográficos do territorio.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...