En Outes o Concello empregou dende 2019 máis de 3 millóns de euros dos remanentes para obras e gastos

16 Setembro 2024

No pleno do pasado 2 de setembro o Goberno municipal de Outes deu conta da aprobación da liquidación do Orzamento de 2023 onde se recollía o remanente de tesourería para gastos xerais do Concello de Outes a 31 de decembro de 2023, que ascendía a 1.485.738,95 €. O Goberno compartiu nunha táboa o emprego uso dos remanentes de tesourería dende 2019, todos eles aprobados en pleno.

A 31 de decembro de 2019 o sobrante de tesourería para gastos xerais era de 4.433.080,51 €. Dende o Executivo local explicaron que a suspensión das regras fiscais en 2020 por parte do Goberno central facilitou o uso dos remanentes polos concellos.

En 2023, as contías sobrantes foron destinadas para a rehabilitación de pozos de rexistro na rede de saneamento (uns 48.000 euros), para a ampliación do saneamento con vistas a conectar a futura EDAR de Ousesende (48.400 euros), para a ampliación e renovación do céspede artificial do Campo de Fútbol do Conchido (136.000 euros), para o pavimentado do acceso a Rates polo Cabalo (6.300 euros), para a conexión do saneamento en Outes (8.150 euros), para mellorar o acceso a Agrocarou en Santo Ourente (10.500 euros), para a ampliación da Escola Infantil de Santo Ourente e proxecto técnico (103.761, 66 euros) e para gasto corrente (facturas de luz, combustíbel e outros provedores: un total de 411.357 euros). Boa parte destas actuacións de 2023 están pendentes de execución, segundo sinalou o Concello.

O total da contía empregada até o de agora é de 3.001.849 euros.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.