Boiro celebra este domingo 15 de setembro o VIII Trail dos Indios – Castelo de Vitres

11 Setembro 2024

Boiro acolle o vindeiro domingo 15 de setembro o VIII Trail dos Indios – Castelo de Vitres, organizado polo Club Tribu Trail. O concelleiro de Deportes, Marcos Fajardo, participou na presentación da proba deportiva xunto con Xosé María Rodríguez, presidente do club.

Trátase dun trail de dificultade elevada xa que, segundo explicaron, “transita por sendeiros e zonas moi rochosas e beiras de ríos, polo que está pensada para persoas dun nivel e estado físico medio/alto”.

A proba conta con dous percorridos, un trail de 25,5 quilómetros e un trailiño de 14 quilómetros ademais dunha andaina de 14. “Este ano introducimos a andaina non competitiva pensada para esas persoas que se inician neste deporte a través desta modalidade”, afirmou Xosé María Rodríguez.

Tanto o trail coma o trailiño contan con categoría absoluta masculina e feminina; veterano A (de 40 a 49 anos) masculina e feminina; veterano B (máis de 50 anos) masculina e feminina; e equipos, que deberán ter un mínimo de 4 membros entre homes e mulleres. A edición deste ano forma parte da Copa Xunta de Galicia de Carreiras por Montaña da Federación Galega de Montañismo (FGM) e o evento será retransmitido por streaming.

“É unha proba dura pero tamén moi atractiva ao discorrer pola nosa serra”, afirmou o concelleiro de Deportes, Marcos Fajardo, que agradeceu ao club e toda a organización polo seu traballo para levar a cabo este evento deportivo “co que estamos moi contentos de participar en eventos deste tipo que aportan riqueza ao noso municipio e opcións para que cada persoa poida practicar a actividade que máis lles guste”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...